Rajmond Toth, novo integrante para a sala de mandos do equipo

Xa é oficial, tras varias semanas de adestramento (e cun notable debut ante Recoletas Atlético Valladolid), Rajmond Tóth (Hungría, 2002) convértese na segunda fichaxe invernal do equipo tras a incorporación de Asier Iribar.

Tóth, foi presentado en Tapería Dos Chata, un dos patrocinadores do clube, nunha rolda de prensa que foi presidida por Felipe Verde, segundo adestrador, debido á ausencia de Nacho Moyano polos seus compromisos cos Hispanos Junior.

A nova fichaxe trátase de un xogador moi vertical, “Aínda que non conta cunha gran envegadura, Rajmond vainos axudar moito coa súa potencia de lanzamiento en media distancia e pola cantidade de balonmán que atesora a pesar da súa xuventude” apuntaba Felipe. En palabras do propio xogador “xogar en ASOBAL foi co que sempre soñei polo tipo de balonmán que se fai aquí e que me vai a permitir crecer como xogador”.

Rajmond é fillo do ex xogador do Academia Octavio, Edmond Tóth, compañeiro de Javi Díaz nesa etapa, que foi o principal valedor de que o xoven xogador húngaro recalase no equipo, pola amizade que teñen. Con todo, xa demostrou as súas cualidades dende os primeiros adestramentos e iso foi o que convenceu ós técnicos.

Firma polo que resta de campaña e por dúas máis, polo que se esperan grandes cousas desta aposta de futuro que de seguro nos dará moitas alegrías. “Coa dinámica que temos e coa afición que nos apoia, de seguro que poderemos seguir un ano máis en ASOBAL, pero queda moito camiño polo momento”.

0
    0
    O teu carriño
    O teu carriño está baleiroVoltar á tenda
    Ir al contenido