Asier Iribar, primeiro reforzo do Frigoríficos do Morrazo para a segunda volta
O primeira línea vasco, chega cedido do CD Bidasoa Irún ata final de tempada. É un reforzo invernal para suplir a baixa por lesión de Santi López.
Nos últimos días finalizaron as negociacións entre o Balonmán Cangas e Bidasoa para conseguir a cesión de Asier Iribar (Zumaia, 2003). Trátase dun primeira línea que pode actuar nos tres postos, pero atópase máis cómodo no central. Ademáis, pode actuar de segundo en tarefas defensivas, unha posición demandada por Nacho Moyano tras a baixa de Santi López, por unha rotura de ligamentos.
Iribar, leva dous anos na dinámica do primeiro equipo do Bidasoa, e aterriza en Cangas coas ganas de gañar minutos en ASOBAL para seguir o seu crecemento e axudar ó equipo a conseguir o obxectivo da permanencia. Este xoven xogador é internacional coas categorías inferiores da Selección Española, en especial cos #HispanosJunior que se proclamaron campións de Europa en Portugal o pasado ano.
A pesar de non asistir ó campionato, Asier formou parte de toda a preparación e segue contando con convocatorias na selección que dirixen Nacho Moyano e Rodrigo Reñones.
Un vello coñecido para Nacho, e toda unha xoia que temos por descubrir en O Gatañal, onde demostrará toda a súa garra e súa calidade.
Benvido Asier! Xa eres #undosnosos
