Alberto Martín únese ó capítulo de baixas do Clube esta tempada

Esta semana confirmáronse os peores pronósticos para Alberto Martín, o noso pivote, capital durante estas tres temporadas en tarefas ofensivas e defensivas terá que pasar por quirófano.

Durante o derradeiro partido de Liga Plenitude ASOBAL en casa ante o Rebi Cuenca, Alberto mancouse na última acción do partido. O que parecía unha luxación do dedo corazón da man dereita, resultou ser, tras unha renonancia unha rotura do ligamento que require intervención quirúrxica.

Este contratempo ten un tempo de recuperación de dous meses e medio, polo que dende o Clube se traballa para buscar un sustituto para este período que poida axudar ó equipo na dura loita pola permanencia.

En palabras de Alberto, agardando para ser operado, “a intención é volver canto antes e seguir traballando duro para axudar ó equipo“.

Toda a familia do Clube Balonmán Cangas agarda unha pronta recuperación e poder ver nas pistas de novo a un dos nosos.

Fiel, noble, orgulloso e pasional. Estamos contigo Fiti!

Inicio