Pechamos con éxito o I Torneo de Nadal Concello de Cangas de categoría benxamín.

O Balonmán Luceros impúxose na final o Atlético Novás “A” e rematou como primeiro clasificado.

Rodrigo Corrales foi o gran convidado nesta gran festa do balonmán para os máis pequenos de #anosabase.

Este mércores arranca a categoría alevín con 8 novos equipos e pechará o torneo as finais o xoves 29 de decembro.

Esta primeira edición do torneo de nadal organizado polo Balonmán Cangas e o Luceros resúmese nunha gran festa nos días previos ó Nadal. Os máis pequenos dos nosos equipos puideron xuntarse en O Gatañal para seguir disfrutando do deporte que máis lles gusta.

A primeira xornada do venres 23, serviu para dar o pistoletazo de saída e para que os equipos comezasen véndose as caras en dous grupos de catro equipos. Tratouse dunha xornada festiva onde primaron o bo ambiente e os encontros con outros equipos por enriba do resultado final. Pola contra, a mañá do sábado 24 disputáronse as finais, cun peche inmellorable de festa, xa que a entrega de medallas foi presidida por Alberto González, presidente do Clube e tamén polo cangués, internacional español e medallista olímpico: Rodrigo Corrales.

Un total de 8 equipos disputaron esta doble xornada: o Balonmán Cangas e Luceros como organizadores, os nosos veciños do Bueu Atlético con dous equipos e o Samertolameu, de Meira, e tamén tivemos representación rosaleira con dous equipos do Atlético Novás e pecharon a participación As Choqueiras de Redondela.

Coa categoría benxamín pechada, o vindeiro mércores poderemos volver a disfrutar do torneo, esta vez na categoría alevín mixto, nun formato diferente, xa que será a campo enteiro, pero coas mismas ganas de disfrutar de dúas xornadas de balonmán  e de moita diversión.

Dende o Clube, queremos destacar a colaboración inestimable do Concello de Cangas e da Federación Galega, por aportar as súas instalación e achegar a árbitros ós encontros respectivamente; así como ó resto de institucións públicas (Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia) e tamén a Cabreiroá, como patrocinador oficial da nosa base.

Inicio