Patrocinio de NITRO Combustibles

NITRO COMBUSTIBLES CONVÉRTESE NUN DOS PATROCINADORES DO BALONMÁN CANGAS

A empresa de combustibles de recente creación e con sede en Cangas e o Club Balonmán Cangas, asinaron un acordo de patrocinio polo que Nitro pasa a converterse nun forte aliado para esta tempada e no que esperamos que o siga sendo nas próximas tamén. 

O acordo ten como obxectivo asociarse ao primeiro equipo e comezar a dar a súa imaxe para coñecer a nivel nacional, xa que foi fundada en outubro de 2021 e ten un claro obxectivo de expansión por todo o territorio. 

A presentación desta colaboración tivo lugar durante a semana de #onosoderbi, xa que Nitro Combustibles foi o patrocinador principal do partido. 

Nese acto, Tyrone Pose, fundador da empresa, deixou clara a súa aposta polo Club debido á súa vinculación con el.

“Levamos máis de 10 anos como socios do balonmán e queriamos achegar o noso granito de area para que seguise crecendo como deporte e por suposto como club”. Tyrone tamén deixou claro que desde a constitución da empresa querían vincularse co Balonmán Cangas, e tras un ano, puideron formar parte da familia do Frigoríficos con vistas a que sexa unha relación duradeira. 

Actualmente, Nitro é unha empresa dedicada á compra e venda de combustibles. Desde hai décadas que están vinculados co mundo do motor e desde hai algúns anos, centraron nususestras operacións no sector dos hidrocarburos chegando a realizar diferentes xestións como brokerage en produtos petrolíferos, asesoramento integral para investidores ou asesoramento e xestión do título de operador petrolífero. 

Benvidos e que sexa o principio dunha longa amizade!

Inicio