A PREVIA

Cívitas BM. Guadalajara

Cangas, 19 de outubro de 2022

O Frigoríficos do Morrazo Balonmán Cangas enfróntase a un rival directo na loita pola permanencia.
O equipo chega con ganas de volver puntuar tras o partido ante o FC Barcelona.

Tanto Nacho Moyano como Moisés Simes, un dos estandartes do plantel, ven ao equipo cunha dinámica moi positiva.

O Balonmán Cangas xogará este sábado 22 de outubro ás 16:00h un partido vital para os seus intereses ante un rival directo, o Cívitas BM. Guadalaxara no Pavillón David Santamaría.

– Que importancia ten o partido deste sábado? Pódese considerar unha final?

Nacho Moyano: A min non me gusta falar de finais, porque sinceramente creo que non o é. O resultado non será drástico nin definitivo nunha liga tan igualada como esta para ningún dos dous equipos.

O que está claro é que é un partido moi importante e nós estámoslle dando a importancia que se merece, estamos a traballar ben e nunha liga onde se necesitarán moitos puntos para conseguir o obxectivo, seguir sumando é vital.

– Como chega o equipo tras o parón? Como vedes ao equipo?

Nacho Moyano: A dinámica é boa pero gustaríanos ter algo máis de tempo, xa que as baixas que viñamos arrastrando estas semanas (Jenilson, Juan Del Arco, Gayo…) chegarán moi xustos. Aínda que o parón permitiu que teñan máis marxe, algúns non están ao 100%. A pesar disto, esta semana de adestramento foi moi boa, e ao final, iso será o importante para mostrar a cara que queremos ter en competición.

Moisés Simes: Vexo ao equipo moi concentrado, e despois da semana de descanso que foi dura en canto a carga física para os non tocados, atopei ao equipo adestrando a un nivel moi alto.
Creo que vai ser un partido bonito, e se mantemos este nivel de adestramento na competición poderemos sacar un bo resultado.

– Nacho, tres craves para tentar conseguir traernos os dous puntos a Cangas:

Nacho Moyano: O primeiro é que o ton defensivo sexa o adecuado, de nivel alto e non conceder goles fáciles en ataque posicional. E desde logo, outra clave será controlar o ritmo de partido en todo momento, eles quererán xogar a un ritmo moi alto e debemos ser capaces de correr cando nos conveña, parar cando sexa o momento e non caer no seu xogo. Por último, non conceder perdas de balón en ataque, tentando cortar así o seu contraataque e non concederlles eses goles sen oposición que poden complicarnos moito a vida.

– Moisés, se preveé que haxa un desprazamento de afeccionados para apoiarvos neste partido tan importante, creedes que vos axudará a sentirvos un pouco como en O Gatañal?

Moisés Simes: Por suposto, nestes partidos como Valladolid ou agora en Guadalaxara para nós é un pracer terlles preto, somos conscientes de que fan un esforzo moi grande para vernos, para animarnos e son sen dúbida un plus, por iso o mellor regalo que lles poderiamos facer é conseguir os dous puntos.

 

Fotografías: Raúl Fonseca

Inicio