A CRÓNICA
Frigoríficos Morrazo 33 – ABANCA Ademar León 32
José Antonio Hurtado
Jefe de Prensa
Real Federación Española de Balonmano
Cangas estende o seu feitizo á Copa
ABANCA Ademar cae eliminado en cuartos de final a mans do Frigoríficos Morrazo, que vive unha tempada inesquecible.
Frigoríficos Morrazo avanza ás semifinais da XLVII Copa de S. M. o Rey de balonmán (33:32, 14:17 no descanso) que se está celebrando no Polideportivo Municipal Fernando Argüelles de Antequera, ao dobregar ao ABANCA Ademar na segunda eliminatoria de cuartos
de final disputada no día de hoxe.
Frigoríficos Morrazo facía acto de presenza en territorio andaluz como un equipo moi feito, e iso é algo que sentía no respecto
con que ABANCA Ademar afrontaría os primeiros compases do choque; minutos de tenteo sen un claro dominador.
Semedo asumía o liderado ofensivo no conxunto ademarista, do mesmo xeito
que Dani Fernández aparecía de forma recorrente no extremo galego para ver portería. O intercambio de golpes sucedíase ata o 20′, momento no que o equipo de Manolo Cadenas abría brecha ata os 4 tantos (10:14) de diferenza.
A dupla de Hispanos internacionais formada por Dani Fernández e David Iglesias permitía ao equipo de Moyano frear o avance ademarista nos estertores da primeira parte, para así abandonar a pista no intermedio con 14:17 no luminoso.
O colchón mantíñase estable nos primeiros compases do segundo acto, cun Guilherme Borges moi activo no ataque do equipo de Cadenas. O choque, con todo, empezaría a adoptar outra traxectoria para partir do 40′, dado que a maior intensidade dos galegos facía espertar á súa nutrida inchada nas bancadas de Antequera.
Alentado polo seu público precisamente, o conxunto de Cangas de Morrazo reducía aos poucos a diferenza ata finalmente empatar a 7 minutos do final por medio de Dani Fernández. Moyano dirixíase aos seus no banco para terminar de motivar a un persoal que está a completar unha campaña excelente, e que nos minutos finais impoñíase a un ABANCA Ademar desfondado.
O premio ao tesón acabaría por chegar a tres segundos do final, cun tanto de Jenilson Monteiro que culminaría a remontada galega e, por tanto, o seu acceso ás semifinais de Antequera, á espera de coñecer o seu opoñente: Barça ou Helvetia Anaitasuna.
Frigoríficos do Morrazo 33:32 ABANCA Ademar León
Frigoríficos do Morrazo (15+18)
Javier Díaz (1) e Gerard Forns en portería; Moisés Simes (1), Brais González (2), Daniel Fernández (7), Rubén Soliño (2), Juan Quintas, Martín Gayo (7), David Iglesias (4), Adrián Menduiña (2), Ignacio Salgado, Alberto Martín (2), Carles Asensio (1), Jenilson Monteiro (2), Lucas Aizen.
ABANCA Ademar León (17+15)
Paniagiotis Papantonopoulos e Milan Bomastar en portería; Adrián Casqueiro (2), Darío Sanz, Kim Jim-Young (3), Jaime Fernández (2), Zanas Virbauskas (2), Gonzalo Pérez (6), Theodoros Boskos, Álex Lodos, Antonio Martínez, Nikolaos Liapis (2), Leandro Semedo (8), Guilherme
Borges (4), Aidenas Malašinkas (3), Dragan Šoljić.
Marcador | 1:1, 2:5, 6:6, 7:10, 9:13 e 14:17; 17:20, 20:23, 22:24, 25:27, 29:29 e 33:32
Árbitros: José Carlos Fritise Abad e Jesús Álvarez Menéndez (Asturias)
Os nosos patrocinadores























