COMUNICADO OFICIAL
🚨COMUNICADO OFICIAL
Polas restricións que existen na actualidade ocasionadas polo COVID-19, o Balonmán Cangas Frigoríficos do Morrazo só pode garantir a entrada ao partido do próximo sábado ás 17 horas que nos enfronta ao Viveiros Herol Balonmán Nava aos seus socios, polo que non se poñerán entradas á venda.
Así mesmo, os socios que queiran acudir ao encontro, deben acreditar algunha das seguintes premisas:
1.- Que recibiu a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización, de conformidade co Regulamento (CE) nº 726/2004.
2.- Que dispoñen dunha proba diagnóstica negativa realizada nas últimas 72 horas, no caso das PCR, e 48 horas, no caso de test de antígenos. No caso dos test rápidos de antígenos, deberán estar enumerados na lista común e actualizada de test rápidos de antígenos da COVID-19 establecida sobre a base da Recomendación 2021/ C 24/01, do Consello de Europa.
3.- Que o titular se recuperou dunha infección polo SARS- CoV-2 nos últimos 6 meses. Para iso, a persoa deberá ser diagnosticada como caso confirmado de COVID-19 hai 11 días ou máis mediante unha proba PCR, e non é válido outro test.
Para rematar, lembramos que é recomendable acudir ao pavillón con antelación para evitar aglomeracións á hora de entrar no mesmo.
Unha vez dentro do estadio, será obrigatorio o uso de máscara e deberán permanecer sentados durante a disputa do encontro.
Os nosos patrocinadores

















