A CRÓNICA

 Frigoríficos Morrazo 33 – Unicaja Banco Sinfín 25 

David Moldes

14 puntos. Media permanencia. O Frigoríficos do Morrazo deu outro paso para continuar un ano máis na elite do balonmán español. Cun parcial 7-1 pasado o ecuador do segundo tempo, acabou coa resistencia do Unicaja Banco Sinfín (33-25), ao que agora avantaxa en oito puntos. Próxima parada León: buscarase a terceira vitoria seguida.

O Sinfín golpeou ao Frigoríficos de saída (1-3) explotando a eficacia de Alberto Pla desde o extremo e a temperá exclusión ao portugués Jenilson Monteiro, pero entre David Iglesias e Martín Gayo resucitaron ao equipo galego, que non estaba cómodo en defensa.

A igualdade era máxima. O Frigoríficos puido coller unha renda de dous goles no ecuador do primeiro tempo pero varias perdas condenárono, antes de que o Sinfin volteara as electrónico grazas un parcial 1-3 coincidindo con outra superioridade visitante (9-10,min.18).

Nacho Moyano retirou de pista a Javi Díaz. E dúas paradas seguidas do seu compañeiro Gerard Forns osixenaron a un Frigoríficos que tomou o mando o duelo (13-11, min.27) despois dun tempo morto do seu adestrador.

Unha renda que os locais aumentaron ata os catro goles no inicio do segundo tempo, obrigando a Víctor Montesinos a pedir tempo morto (19-15, min.37). Reaccionou o seu equipo grazas á súa melloría defensiva e un par de paradas de Pau Guitart, que substituíra a Ernesto Sánchez. Púxose a dous (21-19), e Nacho Moyano parou o encontro.

O Frigoríficos estaba atrancado, e o Sinfín dispuxo dun ataque para empatar pero unha perda de Óscar García acabouno matando, xa que do posible 21-21 pasouse ao 29-22 no minuto 53, con David Iglesias volvendo mostrar o seu brazo, Santi López facendo dano coas súas penetracións e unha excelente defensa galega.

Ficha técnica:

33 Frigoríficos do Morrazo: Javi Díaz, Dani Fernández (3), David Iglesias (6), Alberto Martín (1), Quintas, Santi López (3) e Monteiro (1) -equipo titular- Forns ( ps), Gayo (4), Rubén Soliño, Simes (8,4 p), Asensio (2), Brais González, Menduiña (1) e Aizen (4).

25 Unicaja Banco Sinfín: Ernesto, Pla (3), Óscar García (3), Xavi Castro (5), Lon (4), Zungri e Ramiro Martínez (2) -equipo titular- Guitart ( ps), Dija (3 p), Perbelini (1), David Roca (4), Blázquez e Gustavo Alonso.

Marcador cada cinco minutos: 3-4, 5-6, 8-7, 9-10, 10-11, 12-15 (descanso); 17-15, 21-19, 22-21, 26-22, 30-23 e 33-25.

Árbitros: Monjo Ortega (colexio madrileño).e Martín Soria (colexio valenicano) Excluíron a Monteiro, David Iglesias e Asensio por parte do Frigoríficos, e a Perbelini por parte do Sinfín.

Incidencias: Encontro correspondente á décimo terceira xornada da liga Asobal disputado no pavillón de Ou Gatañal #ante uns 1.300 espectadores.

ROLDAS DE PRENSA

AS IMAXES DO PARTIDO

Fotografías de Raúl Fonseca

MÁIS IMAXES DO PARTIDO EN…

Inicio