A CRÓNICA
Frigoríficos Morrazo 26 – Fraikin Granollers 20
MARCA
O Fraikin Granollers encaixou a súa primeira derrota na liga Sacyr Asobal ao caer por 26-20 na pista do Frigoríficos do Morrazo, que alongou o seu gran momento con outra vitoria de prestixio que lle permite asaltar a terceira praza da clasificación.
Outra espectacular actuación do porteiro Javi Díaz (45 por cento de paradas) e os goles do lateral esquerdo David Iglesias -7- resultaron decisivos para que o equipo galego superase ao Granollers, que tivo un simulacro de reacción no segundo tempo cando reduciu a súa desvantaxe aos tres goles (18-15, min,41).
Ata o descanso mando o Frigoríficos con comodidade, apoiándose nun xogo coral en ataque e unha excelente defensa 6-0. Do 5-5 pasouse ao 13-7 despois de oito minutos sen marcar dos visitantes. Esa seca cortouna o porteiro brasileiro Rangel Luan cun gol desde a súa portería cando Javi Díaz saíra a tentar cortar un contragolpe.
O Frigoríficos rozaba a perfección (16-9, descanso), pero no inicio do segundo tempo atascouse no ataque posicional, despois de que o seu rival subise a súa intensidade. Aos poucos, o Granollers foise achegando no marcador, e Nacho Moyano pediu tempo morto (18-14, min.36).
Gozou o conxunto catalán de ata tres ataques para situarse a 3 pero unha perda de Marc Guardia ao tentar lanzar un contraataque e dous posteriores de Edgar Pérez osixenaron ao Frigoríficos, que volveu distanciarse grazas ás paradas de Javi Díaz e o brazo de David Iglesias, ao que o pivote Carles Asensio acompañou na faceta goleadora.
O Frigoríficos entrou no últimos dez minutos cunha renda de 6 goles que lle deu moita tranquilidade, a pesar de que Antonio Rama ordenara unha defensa mixta sobre David Iglesias.
FICHA TÉCNICA
26 – Frigoríficos do Morrazo Cangas; Javi Díaz ( Forns); Simes (1 p), David Iglesias (7), Quintas, Alberto Martín (3), Santi López e Monteiro (2); Gayo (2), Dani Fernández (2), Asensio (5), Rubén Soliño, Brais González (3), Menduiña (1) e Aizen.
20 – Fraikin Granollers: Rangel (2) (Marc Guardia); Adriá Martínez (1), Gurri (1), Pol Valera (3), Esteban Salinas (2), Antonio García (5,3 p) Víctor De Sande (1); Edgar Pérez (1), Alex Márquez (2), Oriol Rey (1), Chema Márquez (1) e Amigó.
Marcador cada cinco minutos: 1-1, 5-4, 7-5, 10-7, 13-7, 16-9 (descanso); 18-13, 18-14, 22-16, 23-17, 23-18 e 26-20.
ROLDAS DE PRENSA
Os nosos patrocinadores

















