A CRÓNICA

Bm. Nava 31 – Frigoríficos Morrazo 22

O Frigoríficos arrincou con mal pé a liga Asobal. Sen ideas en ataque, fráxil en defensa, o equipo de Nacho Moyano estrelouse contra o Nava, que aproveitou os erros do seu rival e as paradas de Patosky para sentenciar o encontro antes do descanso.

A igualdade mantívose no inicio, a pesar de que o Frigoríficos non estaba cómodo, nin en ataque nin en defensa. Javi Díaz parou varios balóns pero rexéitelos caeron en mans dos xogadores de Zupo, que acabarían marcando. Foi un reflexo do choque. O Nava xogou cunha marcha máis.

Do 9-8 pasouse ao 16-9 a falta de tres minutos para o descanso. Os erros na finalización, as impreciones nos pases e, sobre todo, a ansiedade por querer marcar sen elaborar os ataques mataron o Frigoríficos.

Moyano sentou a Javi Díaz e David Iglesias. O arxentino Lucas Aizen, un das fichaxes estivais, non tivo minutos. A mellor noticia para o Frigoríficos, que tivo un simulacro de reacción no inicio do segundo tempo cando se puido poñer a tres cun lanzamento de 7 metros que fallou Dani Fernández, foi o rendemento de Carles Asensio, letal nos seis metros (9 goles de 10 intentos).

Os nosos patrocinadores

Inicio