El Cangas vence en el partido de preparación en Torrelavega

REDACCIÓN CANGAS – FARO DE VIGO

O Balonmán Cangas Frigoríficos do Morrazo venceu onte ao Bathco Balonmán Torrelavega nun novo encontro amigable de pretemporada. Cun resultado de 26-27, os cangueses colleron ritmo de competición e levaron a inxección de moral de levar a Cangas o IX Torneo Concello de Torrelavega. O adestrador, Nacho Moyano, destacou o ritmo de todos os seus xogadores a pesar de disputar dous encontros en dous días. Rotou entre os 16 xogadores dispoñibles, pois non sofre baixas.

A tarde do venres o Cangas disputara un triangular con dous encontros de 30 minutos cada un, perdendo ambos. No primeiro caeu por 9-17 fronte ao Villa de Aranda e no segundo perdeu por 12-13 co Sinfín.

O persoal descansa hoxe e prosegue mañá cos seus adestramentos de pretemporada.

 

Os nosos patrocinadores

Inicio