O Cangas sucumbe ante Ademar e Valladolid

O Recoletas Atlético Valladolid impúxose onte ao Cangas Frigoríficos do Morrazo e ao Abanca Ademar León no torneo triangular disputado no Pavillón Municipal da localidade berciana de Cubillos del Sil, co formato de enfrontamentos de dous tempos de vinte minutos.

Os valisoletanos, que se estrearon en pretemporada cunha derrota #ante o recentemente ascendido Bathco Torrelavega (30-25), derrotaron ao conxunto morracense por 20-15, despois de chegar igualados ao descanso (8-8).

Álvaro Martínez con 4 goles e Dani Fernández coa mesma cifra, foron os máis acertados en valisoletanos e cangueses, respectivamente. O conxunto de Nacho Moyano enfrontouse posteriormente ao Ademar de León, que lle venceu por 21-20, nun choque igualado na primeira metade, ata que os leoneses escapáronse con rendas de catro goles reducidas ao final. Jozinovic, Virbauskas e Boskos, todos eles con catro goles foron os máis destacados no conxunto de Cadeas.

No duelo por ver cal dos dous equipos levaba o triunfo final no torneo, impúxose o conxunto valisoletano no que milita o central vigués Borja Méndez, moito máis conxuntado. A pesar de irse por diante ao descanso, 11-10, os ademaristas pagaron unha mala segunda parte con moitos minutos sen anotar, para acabar cedendo por 15-19, grazas á gran defensa e á fantástica actuación do exportero do Academia Octavio Yeray Lamariano, incombustible aos seus 38 anos.

Os nosos patrocinadores

Inicio