COÑECENDO A… Lucas Aizén 

Por que che decantaches en vir a Cangas?

Polo proxecto que me comentou Nacho, e cando me contactou non dubidei en aceptalo.

Ademais de lanzamento exterior, que máis crees que podes achegar ao equipo?

Estou ao dispor do adestrador para o que necesite, máis aló diso, creo que poder achegar o máximo en ataque e tentar tamén achegar na parte defensiva.

Quién es para ti el jugador más determinante de Asobal?

Sacando ao Barça, que todos os seus xogadores son moi determinantes, nesta primeira experiencia en Asobal quedo con Juan Del Arco, de Anaitasuna e logo con Antonio García do Granollers.

Cal é o teu obxectivo no balonmán a longo prazo?

Teño como obxectivo seguir aprendendo, sumar experiencia e poder chegar a ser a mellor versión de xogador posible.

Falaches con alguén para elixir vir a Cangas?

A verdade é que non, pero cando se decataron de que ía chegar ao club máis dunha persoa chámome para dicirme que era unha moi boa decisión.

Cal é o teu lateral dereito de referencia?

Non teño un en particular, gústame aprender de todos un pouco. Pero daquela esta Lazarov que é un xogador diferenciado a nivel mundial.

Cal crees que é o obxectivo do equipo este ano?

O obxectivo é poder mellorar a marca do ultimo ano, que foi moi boa.

Con que xogador gustaríache compartir vestiario?

Tiven a sorte de poder compartir vestiario con moitos xogadores do mais alto nivel, pero gustáseme poder estar no vestiario dalgún equipo da elite do balonmán.

Defraudouche non estar na lista para os Xogos Olímpicos?

Non me defraudo, porque se que os mozos que están hoxe en Tokio merécenllo todos. Quede seguir adestrando para poder estar nos próximos.

Que coñeces do Cangas? Tes algunha referencia do persoal que ten?

Como referencia teño a Javi Díaz, o porteiro que me pareceu un animal os últimos meses da liga e logo a Dani Fernández que tamén me sorprendeu moitísimo.

 

Os nosos patrocinadores

Inicio