Carles Asensio xogará con nós!
FARO DE VIGO – CÉSAR COLLARTE
O Frigoríficos do Morrazo pechou a contratación do pivote Carles Asensio, que se converte deste xeito na súa terceira fichaxe para a próxima tempada tras os do lateral dereito Lucas Aizen (Porto Sagunto) e do extremo dereito Jenilson Monteiro (Artística de Avanca). Asensio é un xogador de 23 anos (cumprirá 24 en agosto) que procede do Alarcos Ciudad Real da División de Honra Prata pero con pasado no Novás, onde xogou un ano, e nas categorías inferiores de Fútbol Club Barcelona e Fraikin Granollers. Mide 1.97 metros e desempéñase tanto en funcións ofensivas como defensivas.
O xogador catalán anotou 111 goles en 26 encontros a pasada tempada, na que foi un dos principais argumentos ofensivos do seu equipo. En Cangas terá competencia no posto con Juan Quintas e con Alberto Martín.
Coa chegada de Asensio Nacho Moyano dispón xa de 13 xogadores no seu equipo da próxima tempada. Son o porteiro Gerard Forns; o central Rubén; os laterais David Iglesias, Brais, Santi López, Martín Gayo e Lucas Aizen; os extremos Dani Fernández, Jenilson Monteiro e Menduiña; e os pivotes Asensio, Martín e Quintas. Agora o club centrarase en pechar o capítulo de renovacións e nunha última fichaxe, que será o dun central.
Os nosos patrocinadores

















