Martín Gayo dous anos máis!

 FARO DE VIGO – CÉSAR COLLARTE

Martín Gayo formará parte do novo proxecto de Nacho Moyano á fronte do Frigoríficos do Morrazo. O lateral dereito vigués permanecerá os dous próximos anos baixo a disciplina do club de O Gatañal despois de renovar o seu contrato, converténdose deste xeito no sétimo elemento confirmado do plantel cangués. O Cangas posuía unha opción para renovar unilateralmente á primeira liña, pero preferiu renegociar os termos e atar a súa continuidade durante dous anos.

Gayo chegou fai dúas campañas a Cangas procedente do Seis do Nadal, onde fora un dos máximos realizadores da Primeira Nacional. O seu lanzamento e a súa capacidade de entender o xogo abríronlle as portas da liga Asobal, pero nestas dúas campañas non conseguiu explotar. A pasada campaña Gayo, de 20 anos de idade, non conseguiu adquirir regularidade, algo no que sen dúbida influíu a tendinite no xeonllo que arrastrou durante toda a segunda volta. O vigués anotou 23 dianas.

Con Gayo e Aizen o Frigoríficos pecha o lateral dereito e xa conta con Forns, David Iglesias, Brais, Dani Fernández, Alberto Martín e os propios Aizen e Gayo no plantel da próxima tempada.

Os nosos patrocinadores

Inicio