Lucas Aizen xogará en O Gatañal
FARO DE VIGO – CÉSAR COLLARTE
O Frigoríficos do Morrazo pechou a incorporación do lateral dereito Lucas Aizen, que procede do Fertiberia Porto Sagunto, club recentemente descendido á División de Honra Prata. O xogador arxentino, de 23 anos de idade, foi internacional co seu país e firma por unha tempada con outra opcional a cargo do club. Aizen chega a O Gatañal para substituír ao luso Miguel Baptista, que fichou polo Sporting de Portugal, e encaixa dentro do perfil de xogador que busca o Cangas, novo e con proxección. O seu punto forte é o xogo ofensivo, con especial atención ao lanzamento exterior, aínda que tamén defendeu con certa asiduidade.
“É un xogador completo que vai achegarnos moitas cousas e que mostrou interese desde o primeiro momento”, destaca o director deportivo da entidade, Óscar Fernández. Pola súa banda, o adestrador dos do Morrazo, Nacho Moyano, asegura que “é un xogador grande pero con mobilidade. Destaca no lanzamento exterior e ten marxe de mellora no aspecto defensivo”.
Con Aizen no plantel e a continuidade de Gerard Forns, Dani Fernández, Alberto Martín, David Iglesias e Brais González Nacho Moyano dispón xa de seis xogadores confirmados no plantel da próxima tempada, a falta de continuar avanzando no capítulo de renovacións e nos reforzos.
Os nosos patrocinadores

















