COMUNICADO OFICIAL
Queremos mostrar a nosa indignación ante a adulteración da competición por parte do Comité de Competición da Federación Española de Balonmán, que permite que os partidos aprazados por mor da Covid-19 dispútense unha vez finalizada a Liga Sacyr Asobal.
Xa o 14 de maio, diriximos á Liga Asobal un escrito expresando o noso malestar que non tivo ningunha resposta, polo que esiximos unha solución porque “todos os clubs somos iguais”.
Neste sentido, criticamos a actitude pasiva de ASOBAL sobre o feito de que se vaian a celebrar partidos aprazados despois de terminada a última xornada, e que a asociación non se pronuncie sobre o que calificamos de flagrante vulneración das normas de competición establecidas.
Por iso, esiximos que se poña en coñecemento da comisión delegada da Asobal esta situación para que se pronuncie dunha vez sobre cal é a súa postura ante a devandita circunstancia, xa que consideramos que se nos está facendo un desprezo como club membro de pleno dereito da asociación.
Os nosos patrocinadores

















