O Luceros Xuvenil subcampión de Galicia
Noticia da Federación Galega de Balonmán
O Cisne Colegio Los Sauces cumpriu co seu papel de favorito e proclamouse campión galego na categoría xuvenil masculina, tras vencer no Pavillón Municipal de Pontevedra ao Luceros. Na primeira parte, o conxunto pontevedrés foi netamente superior (ao descanso 11-20), pero na segunda metade o xogo complicouse coa exclusión de Román Arboleya, primeiro e do técnico do Cisne despois. O partido desordenouse un pouco e nesta situación o Luceros estaba máis cómodo e foi recortando distancias ata poñerse a catro goles a falta de cinco minutos (26-30). que desordenou o xogo e permitiu ao Luceiros, con alma, esforzo e corazón, recortar distancias ata poñerse a catro goles a falta de cinco minutos (26-30). Nestes instantes finais, o Cisne xogou con cabeza e tirou dos seus pesos pesados para pechar o triunfo cun 29-34 a favor dos pontevedreses.
LUCEROS, 29 – CISNE COLEGIO LOS SAUCES, 34
Luceros: Pablo Rodríguez (2), Carlos Menduíña, Manuel Pérez (5), Pablo Fernández (1), Manuel Barreiro (4), Elias Aakcha, Víctor Manuel Cotas, Yerom Alfaya, Nicolás Millán, Rubén Augusto (8), José Manuel Meira (2), Alejandro Martínez, Iván Táboas (1), Gael Blanco (6).
Cisne Colegio Los Sauces: Miguel Pérez, Carlos Álvarez (9), Enrique Domínguez (2), Diego López (4), Rafael Logroño, Román Arboleya (3), Eduardo Costa, Martín Santos (1), José Cerqueiro, André de Moura (4), Dani Virulegio (11), Javier Sierra, Mario González.
Árbitros: Abel Juncal y Alberto Rodríguez. Descalificaron a Román Arboleya (min. 32) y al entrenador del Cisne, Víctor Efrén (min. 48). Excluyeron dos minutos a Manuel Barreiro, Yerom Alfaya, Alejandro Martínez y Gael Blanco (Luceros) y a Dani Virulegio, por el Cisne.
Parciais: 1-4, 3-8, 5-11, 6-13, 8-16, 11-20 (descanso), 14-22, 17-23, 18-27, 22-29, 26-30, 29-34 (final).
Incidencias: Final do Campionato Galego Xuvenil Masculino disputado no pavillón Municipal de Pontevedra.

Os nosos patrocinadores

















