Martí Villoria chega o Frigoríficos Morrazo

César Collarte – Faro de Vigo

Nunha operación lóstrego, xestada en menos de 24 horas, o Frigoríficos do Morrazo pechou a incorporación de Martí Villoria, extremo dereito procedente do Sant Martí Adrianenc da División de Honra Prata. O xogador, de 23 anos de idade, incorporarase hoxe mesmo ao equipo que dirixe Nacho Moyano e podería mesmo participar no transcendental choque da fin de semana ante o Fertiberia Porto Sagunto.

Villoria militou varias campañas no Alcobendas, con quen mesmo chegou a xogar na liga Asobal, aínda que ese ano sufriu unha importante lesión de xeonllo. No conxunto madrileño coincidiu con Santi López. Logo, por cuestións persoais, regresou á súa Cataluña natal. Esta tempada apenas estaba a contar para o seu técnico, Lorenzo Rueda, aínda que as referencias que se teñen del son moi positivas. “É un extremo bastante completo, moi bo defensor e rápido”, sinala Nacho Moyano, aínda que agora haberá que ver o seu estado físico e como se adapta ás esixencias da máxima categoría.

 

Os nosos patrocinadores

Inicio