A CRÓNICA

 Frigoríficos Morrazo 28 – Incarlopsa Cuenca 31

Crónica de David Moldes.

Outra oportunidade perdida. O Frigoríficos caeu ante o Incarlopsa Cuenca e segue en descenso. O ataque condenou ao equipo de Nacho Moyano. Moitas perdas e un atasco no inicio do segundo tempo que foi determinante.

O equipo galego empezou mandando no marcador e mesmo gozou dun ataque para situarse tres arriba, pero o lanzamento de Dani Fernández estrelouse contra a rede lateral. Perdoou o Frigoríficos, demasiado acelerado, e pagouno cun parcial 2-6 que deu o mando do choque ao Cuenca tras outro gol de contraataque de Hugo López (10-12, min.22).

Conseguiu igualar o duelo o conxunto de Nacho Moyano (14-14), apoiándose nas paradas de Javi Díaz e no seu bo rendemento defensivo, pero no inicio do segundo tempo o seu rival volveu despegarse, obrigando ao técnico local a pedir tempo morto tras un parcial 0-4 (14-18, min.36).

De pouco serviu porque o Cuenca, a pesar dun simulacro de reacción dos locais, sempre xogou con cómodas rendas no marcador, a pesar de que Javi Díaz sacou varios lanzamentos e Moyano arriscou cun ataque sen porteiro.

Ficha técnica:

28 Frigoríficos do Morrazo: Javi Díaz, Dani Fernández (5,2 p), David Iglesias (6), Quintas, Alberto Martín (4), Santi López (3) e Menduiña (4,3 p) -equipo titular- Gerard Forns (ps), Ribeiro (1), Rubén Soliño (1), Baptista (1), Brais González, Muratovic (1), Cerqueira (1) e Simes (1).

31 Incarlopsa Conca: Leo Maciel (2), Vainstein (1), Pizarro (6), Doldan (2), Pablo Simonet (4), Ponciano (1) e Sergio López (2) -equipo titular- Nacho Moya (7,5 p), Hugo López (3), Moscariello (1) e Bulzamini (1).

Marcador cada cinco minutos: 2-2, 5-4, 8-7, 10-10, 12-13, 14-15 (descanso); 14-16, 16-19, 19-22, 21-24, 23-28 e 28-31.

Árbitros: Iniesta Castelo e García Rodríguez. Excluíron a Cerqueira, Alberto Martín e Menduiña por parte do Frigoríficos, e a Moscariello (2) e Doldan por parte do Cuenca.

ROLDAS DE PRENSA

AS IMAXES DO PARTIDO

Os nosos patrocinadores

Inicio