COÑECENDO A… Gerard Forns
Cal foi o teu referente na portería cando empezaches a xogar?
David Barrufet foi o meu primeiro referente e ídolo. Logo a medida que ía coñecendo máis o balonmán xa me fixei noutros como Thierry Omeyer ou Kasper Hvidt.
Que é o que máis che gusta deste club?
O rápido que che acolle o pobo e a afección. Que pase o que pase non che deixasen de animar e apoiar.
Contabas con atoparte un club con este gran seguimento no pobo nunha poboación tan pequena?
Normalmente a xente de pobo é quen máis se envorca no seu equipo ou club de toda a vida. Sabía que en Cangas vivíase o balonmán pero non con esa magnitude.
Con quen convives mellor, con Dani ou co teu irmán?
Co meu irmán, basicamente porque viviamos cos nosos pais e non tíñamos que facer a comida, lavadoras, tender a roupa, etc. Jajaja Pero con Dani entendémonos moi ben, estamos moi tranquilos en casa e as tarefas do fogar.
Como foi a túa adaptación do FC. Barcelona ao Cangas? Custouche moito?
Sinceramente o que máis me “custou” foi independizarme e organizarme con todo o que iso conleva. Ó final viña dunha disciplina case profesional e sabia que hai que tomarse isto como un traballo, sexa adestrando, coidándose, etc.
Destes dous anos que levas no equipo, cal foi o xogador do Cangas que máis sorprendeu?
Alen Muratovic. Co vello que é, aínda segue fintando e deixando sentados no chan ós mozos jajaja.
Que supón ter a Javi Díaz de compañeiro na portería?
Tranquilidade. Estou a aprender moito con el tanto dentro como fóra da pista. Encima esta na súa sexta ou sétima mocidade e iso fai que eu me esixa máis en cada adestramento. Todos saímos gañado jajaja.
Se non che dedicases ao balonmán, serías…
Gustaríame ser técnico de son (que aínda me faltan un par de materias por terminar) de concertos ou teatros e nos meus intres libres DJ.
Hai ou houbo algún xogador ao que poidas chamar “a túa besta negra”, porque cada vez que xogas contra el cústache pararlle?
Sempre hai xogadores que custan máis de parar que outros, pero pódoche dicir dous que teño moi claro. De momento só xoguei con eles, pero adestrando recordo que Valero Rivera e Jesper Nøddesbo marcábanme como querían, só parábaa se eles non querían marcar. É máis Jesper, na típica rolda de lanzamentos ao final do adestramento, dicíame onde, como ía lanzar, o que faría a pelota e todo así ,marcábaa. Era imposible parar as súas roscas. (algunha lla parei eh) jajajaja.
Cal é a túa meta a nivel individual no balonmán?
Xogar en champions e se pode ser gañala mellor. Pero abrigo ser lembrado neste mundo do balonmán xa non como porteiro senón como boa persoa.
Os nosos patrocinadores

















