A CRÓNICA
Frigoríficos Morrazo 23 – Blasgón/Bodegas Ceres VA 24
Crónica de David Moldes.
O Frigoríficos do Morrazo fallou cando non podía fallar. No día sinalado, #ante o pechacancelas da categoría, o equipo de Moyano suicidouse, vítima dos seus erros nos momentos importantes do choque. Escápanse dous puntos de ouro na carreira pola salvación. No último lanzamento Ribeiro puido rescatar un punto pero evitouno o traveseiro. O pau é enorme. Toca seguir remando.
Os goles do lateral brasileiro Matheus De Novais, que regresaba tras superar a súa lesión, sostiveron ao Villa de Aranda nun primeiro tempo no que as perdas eran continuas en ambos os ataques. O Frigoríficos gozou de varios ataques para distanciarse, pero as paradas de Luís de Vega evitaron que se escapase.
Repetiuse a historia no arranque do segundo porque outra parada do meta visitante a Santi López nos seis metros evitou que o conxunto cangués collese unha renda de tres goles (14-12, min.34), e cun parcial 0-3 o Villa de Aranda empezou a crer no triunfo.
Seguiu atascado o Frigoríficos, sen ideas no ataque posicional, moi acelerado pola presión, e a dalta de dez minutos o seu rival pegou un arreón que pareceu setenciar o duelo, obrigando a Nacho Moyano a pedir o seu segundo tempo morto case consecutivo (17-21).
A súa aposta por atacar con sete xogadores reactivou ao seu equipo, que atopou no xogo co pivote a solución ao seu atasco. A iso uníronse dúas paradas decisivas de Javi Díaz e varias exclusións visitantes. Nun visto e non visto, o Frigoríficos situouse a un gol a falta de catro minutos.
Pero Alen Muratovic, demasiado acelerado, perdeu o balón nun pase moi forzado a Menduiña; e pouco despois Dani Fernández, que marcara os tres penaltis ata ese momento, errou un sete metros. Aínda así, o Frigoríficos gozou dun ataque para rescatar un punto. Brais González forzou unha falta e exclusión a falta de tres segundos. O posterior lanzamento de Ribeiro estrelouse no traveseiro.
FICHA TÉCNICA
23 Frigoríficos do Morrazo: Javi Díaz, Dani Fernández (3 p), David Iglesias (2), Quintas, Alberto Martín (3), Santi López (3) e Menduiña (4) -equipo titular- Gerard Forns ( ps), Ribeiro (2), Rubén Soliño, Baptista (1), Brais González (2), Muratovic, Cerqueira (3) e Simes.
24 Blasgon y Bodegas Ceres Villa de Aranda: Ricardo Castro, Negrete (1), Julián Souto (5), Llorens (1), Nico López (3), Matheus De Novais (8,4 p) e Víctor Megías (1) -equipo titular- Luís de Vega ( ps, 1 gol), Javi García, Elustondo (3), Sukic, Leonel (1) e Cunha.
Marcador cada cinco minutos: 2-3, 4-4, 7-7, 9-8, 11-9, 12-11 (descanso); 14-13, 15-14, 16-17, 17-20, 21-22 e 23-24.
Árbitros: Álvarez Menéndez e Fritise Cavada (colexio asutirano). Excluíron a Alberto Martín, Baptista e Santi López por parte do Frigoríficos, e a Matheus De Novais (2), Cunha, Souto e Megías por parte do Villa de Aranda.
Incidencias: Encontro correspondente á vixésimo segunda xornada da liga Sacyr Asobal disputado no pavillón municipal de Ou Gatañal. Antes do partido gardouse un minuto de silencio en recordo do porteiro do Porto e da selección portuguesa Alfredo Quintana, quen faleceu este venres ao non recuperarse da parada cardiorrespiratoria que sufriu o luns.
ROLDAS DE PRENSA
AS IMAXES DO PARTIDO
Os nosos patrocinadores

















