A CRÓNICA

Frigoríficos Morrazo 27 – Fertiberia Puerto Sagunto 25

Crónica de David Moldes.

O Frigoríficos do Morrazo dorme fóra da zona de descenso despois de gañar a primeira final pola permanencia ó Puerto Sagunto. Foi outra batalla de infarto que, do mesmo xeito que ante o Benidorm, resolveuse nos minutos decisivos. E esta vez saíu cara. As paradas dun xigantesco Gerard Forns e a aposta de Nacho Moyano de atacar con sete no último minuto foron determinantes. Dous puntos de ouro. Queda moito, pero o Frigoríficos arrinca a segunda volta sumando cinco puntos de oito posibles.

A importancia dos puntos en xogo forzou un partido de ritmo lento, con moitos erros en ambos os equipos. David Iglesias castigou á defensa valenciana no arranque con catro tantos practicamente seguidos, e a entrada de Pomeranz e Cruz deu outro aire ao ataque do Porto Sagunto.

A igualdade era máxima (5-5, 9-8), co Frigoríficos desaproveitando varios ataques para coller unha renda de catro goles. Mesmo na última xogada do primeiro tempo, despois dun tempo morto de Nacho Moyano a falta de vinte segundos, permitiu un contraataque que finalizou sobre a bucina Camacho (11-10).

O guión do choque mantívose, co Frigoríficos xogando con pequenas vantaxes pero pagando caro os seus erros. Os galegos atascáronse no ataque posicional excedido o ecuador do segundo acto e Alejandro Gil puido voltear o marcador cun contraataque que errou ante Gerard Forns, que xa se quentara (23-23, min.53).

Dúas novas paradas do porteiro e o brazo do portugués Ribeiro osixenaron ó Frigoríficos, que pegou un estirón (26-24). Unha exclusión de Santi López a falta de tres minutos obrigou a Moyano a xogar sen porteiro, unha táctica que mantivo cando superou a inferioridade. E a táctica resultou decisiva porque o seu equipo finalizou con gol cada ataque, ao que se uniu outra intervención de Forns.

Ficha técnica:

27 Frigoríficos del Morrazo: Javi Díaz, Dani Fernández (6), David Iglesias (6), Quintas, Alberto Martín, Santi López (4) y Menduiña -equipo titular- Gerard Forns (ps), Ribeiro (4), Rubén Soliño (1), Baptista (1), Brais González, Muratovic (2), Vilanova (1), Cerqueira (2) y Simes.

25 Feriberia Puerto Sagunto: Franzini, Miravalle (3), Querin (2), Pozzer (2), Corzo (1), Kozina (1) y Gil (4) -equipo titular- Guitart (ps), Carou, Pomeranz (2), Camacho (2), Aizen (4) y Cruz (4).

 

Marcador cada cinco minutos: 1-1, 4-3, 7-5, 8-6, 9-8, 11-10 (descanso); 14-14, 17-16, 20-18, 22-21, 24-24 y 27-25.

Árbitros: Escoda Pérez e Sánchez Bordetas (colexio catalán). Excluíron a Santi López (2), Quintas, Cerqueira e Alberto Martín por parte do Frigoríficos, e a Pozzer, Querin e Corzo por parte do Porto Sagunto.

Incidencias: Encontro correspondente á undécima xornada da liga Sacyr Asobal disputado no pavillón Pablo Herbello de Bueu. 

ROLDAS DE PRENSA

AS IMAXES DO PARTIDO

MÁIS IMAXES DO PARTIDO EN…

Os nosos patrocinadores

Abrir chat
Inicio