A CRÓNICA

Frigoríficos Morrazo 24 – Balonmano Benidorm 26 

Crónica de David Moldes. 

A primeira derrota chegou este sábado ante o Benidorm. Un chisco de mala sorte en momentos puntuais, os erros na finalización e unha perda de balón que permitiu a Mario López armar un contraataque para situar o 22-23 cando se xogaba en superioridade condenaron ao Frigoríficos do Morrazo. Mércores outra batalla. Espera un rival directo: Puerto Sagunto.

Apoiándose nas paradas de Roberto Rodríguez e no xogo coa súa segunda liña en ataque, o equipo alacantino pronto se escapou no marcador, obrigando ao técnico Nacho Moyano a pedir tempo morto (4-7, min.13).

Axustou o seu defensa o Frigoríficos e cun xogo moito máis eléctrico volteou o electrónico cun parcial 4-0, aínda que de novo os seus erros na finalización ante Rodríguez, sobre todo nos seis metros, e varios goles baixo a ameaza de pasivo do Benidorm penalizáronlle na recta final do primeiro tempo (10-14).

O Benidorm tardou case oito minutos en marcar o seu primeiro gol no segundo acto -cun lanzamento de cadeira de Parker- e o Frigoríficos, liderado polo portugués Ribeiro, volveu situarse por diante aproveitando unha dobre exclusión visitante (17-16, min.44).

Unha reacción á que non conseguiu dar continuidade porque os galegos apagáronse en ataque. Un parcial 0-4 pareceu sentenciar o choque (17-20, min.49) pero a entrada en pista de Alen Muratovic e o regreso de Ribeiro osixenaron de novo aos de Moyano, que lle devolveron en golpe cun 5-1 en seis minutos, tras un gol de Santi López que veu acompañada dunha exclusión de Folqués.

Unha superioridade que o Frigoríficos non aproveitou, castigado cun gol, baixo ameaza de pasivo, de Parker e outro de contraataque de Mario López. Un sete metros transformado por Nikevic acabou sentenciando o duelo pouco despois.

Ficha técnica:

24 Frigoríficos del Morrazo: Javi Díaz, Dani Fernández (4,2p), David Iglesias (2), Rubén Soliño, Alberto Martín, Santi López (2) y Menduiña (1) -equipo titular- Gerard Forns (ps), Ribeiro (6), Brais González, Vilanova (2), Cerqueira (3), Simes (2,1p), Muratovic Quintas, Gayo (2).

26 M Benidorm: Roberto Rodríguez, Folqués (2), Spiljak (), Parker (4), Carlos Grau (1), Lignieres (2) y Mario López (5)- equipo titular- Leo (ps), Porras (2), Rivero (3), Borja Méndez (1), Feuchtmann (1), Adrián Nolasco, Nikcevic (4,3p) y Oliver (1).

Marcador cada cinco minutos: 2-3, 2-4, 5-7, 8-8, 9-12, 12-14 (descanso); 13-14, 15-16, 17-17, 18-20, 21-21 e 24-26.

Árbitros: Bustamante López e Álvarez Mata. Excluíron a Quintas e Alberto Martín (2) por parte do Frigoríficos, e a por Rivero, Lignieres (2) e Folqués (2) e Grau parte do Benidorm.

Incidencias: Encontro correspondente á vixésima xornada da liga Sacyr Asobal disptuado no pavillón Pablo Herbello de Bueu.

 

ROLDAS DE PRENSA

AS IMAXES DO PARTIDO

Os nosos patrocinadores

Inicio