A CRÓNICA
Bidasoa Irún 27 – Frigoríficos Morrazo 27
MARCA
O Bidasoa- Irún e o Frigoríficos do Morrazo empataron este domingo a 27 tantos en Artaleku, nun partido cun final de infarto no que Rodrigo Salinas anotou no último suspiro para manter aos irundarras, a pesar de completar un mal partido, na segunda posición da liga Sacyr Asobal.
O Bidasoa- Irun defendeu en boa parte do partido en 5-1, con Crowley, Zabala ou Odriozola na presión alta. Os locais tiveron numerosas imprecisións en ataque que terminaron en contraataque do Frigoríficos, cun Dani Fernández estelar que anotou con nove tantos, ao non desaproveitar as ocasións ante o meta Sierra.
Os visitantes conseguiron poñerse por diante no minuto 15, tras meter un parcial de 0-2 en apenas 45 segundos (7-8). O tempo morto de Jacobo Cuétara fixo que o equipo reaccionase para que desde os laterais entrasen Bonanno e Azkue e remontar así o encontro na primeira metade e volver adiantarse.
Tras a exclusión de Julen Aginagalde, o Cangas xogou cunha defensa de 5-1. Non aproveitou esa superioridade e o Bidasoa- Irun foise aos tres tantos de diferenza, para terminar a primeira metade 14-12 favorable aos bidasotarras.
Na segunda metade, o Frigoríficos do Morrazo viu preto rascar algo positivo na cancha do segundo clasificado do campionato. Logrou achegarse no marcador tras os fallos locais.
Tras un tira e afrouxa, no minuto 55 logrou poñerse por diante o Balonmán Cangas (23-24) despois de ir 23-21 instantes antes. Aumentou a diferenza a dúas tantos a falta de dous minutos, pero o tempo morto de Cuétara reavivou ao equipo local.
Os galegos gañaban por un (26-27), pero Rodrigo Salinas anotou o definitivo 27-27 tras un tiro que Javi Díaz, con 12 paradas na mañá do domingo, non conseguiu atrapar. Un empate que os visitantes celebraron máis que os locais, que deixan escapar un punto para a loita polo subcampeonato.
Ficha técnica
27- Bidasoa Irun (14+13): Sierra, Crowley (2), Racotea, Kauldi (6), Salinas (5, 1 pen.), De la Salud (4, 1 pen.), Tesoriere -siete inicial-, Ledo (1 parada), Cavero (1), Zabala, Julen, Serrano (3), Azkue (5, 1 pen.) y Bonanno.
27 – Frigoríficos del Morrazo (12+15): Javi Díaz, Fernández (9, 3 pen.), Rubén Soliño (1), Gayo (1), Iglesias (1), Menduiña (2, 1 pen.), Martín (2) -siete inicial-, Forns, Simes, González, Quintas, Ribeiro (4), Cerqueira (2), Vilanova, Muratovic y López (5).
Marcador cada cinco minutos: 2-0, 4-4, 7-6, 10-8, 12-10, 14-12 (descanso); 17-15, 18-16, 19-19, 22-21, 23-23 y 27-27 (final).
Árbitros: García Gil e Rodríguez Estévez. Excluíron ao local Aginagalde e ao visitante Quintas.
Incidencias: Partido da 19ª xornada da liga Sacyr Asobal disputado en Artaleku a porta pechada.
AS IMAXES DO PARTIDO
Fotografías: Arrate Morales
Os nosos patrocinadores

















