A CRÓNICA

Frigoríficos Morrazo 31 – Recoletas At. Valladolid 28

Crónica de David Moldes

O Frigoríficos do Morrazo sae da zona de descenso despois de arrincar a segunda volta da liga Asobal cun merecido triunfo ante o Atlético Valladolid, nun partido que dominou de principio a fin, liderado polo lateral David Iglesias -autor de once goles- e un gran rendemento defensivo.

O Frigoríficos tivo un bo inicio, liderado polo brazo do lateral David Iglesias, que anotou seis goles no primeiros trece minutos. O equipo de Nacho Moyano, que se pechou ben en defensa, mostrou gran eficacia en ataque, algo que lle permitiu manexar vantaxes cómodas no marcador (5-2, 7-4, 8-5).

Con 8-5, Pisonero pediu tempo morto. Cambiou ao porteiro -Cale por César Pérez- e meteu en ataque a Diego Camino, pero o seu equipo, moi impreciso nos lanzamentos, non atopou solucións no ataque galego (11-7, min.18).

Tamén o Frigoríficos atascouse en ataque. Despois de catro minutos sen marcar, Nacho Moyano pediu tempo morto (11-8, min.22). O seu equipo, perdido o seu xogo colectivo, continuou con moitos problemas en ataque, e o Valladolid, con varias paradas de Rúa e contraataques, remontou cun parcial 0-4 (12-13, descanso).

O atasco do Frigoríficos foi grande, con só 1 gol nos últimos doce minutos antes do descanso, e Moyano cambiou de defensa na segunda parte, apostando por un 5-1 co portugués Ribeiro como avanzado.

O retoque táctico funcionoulle. O seu equipo mellorou en defensa e en ataque cun xogo máis coral, como no inicio do partido. Un gol de Santi López deulle ao Frigoríficos unha vantaxe de cinco goles, obrigando a Pisonero a parar o partido (21-16, min.42).

O Frigoríficos mantívose firme en defensa, e o Valladolid só atopou como solución a Ugarte no pivote. Moyano pediu tempo morto cando o seu equipo fallou varios ataques (23-20, min.48). O Valladolid apertou o marcador (23-21, 25-23) pero a intensidade defensiva e de novo o lanzamento de David Iglesias en ataque certificaron a vitoria galega.

Ficha técnica:

31 Frigoríficos del Morrazo: Javi Díaz, Dani Fernández (2), David Iglesias (11), Quintas, Alberto Martín (3), Santi López (7) y Menduiña (5,4p) -equipo titular- Gerard Forns (ps), Brais González, Rubén Soliño (2), Ribeiro, Muratovic (1) y Simes.

 

28 Atlético Valladolid: César Pérez, Jorge Serrano (7,3p), Miguel Martínez, Adrián Fernández (4), Ugarte (7), Víctor Rodríguez (1) y Miguel Camino (2) -equipo titular- Carlos Calle (ps), Manuel García, Diego Camino (4,2p), Nico López (1), Pisonero, Miguel Camino (2), Patrianova, Roberto Pérez.

 

Marcador cada cinco minutos: 4-2, 7-4, 10-6, 11-7, 12-9, 12-13 (descanso); 15-14, 19-16, 22-18, 24-21, 27-25 y 31-28.

 

Árbitros: Rodríguez Estévez y Rosendo López. Expulsaron a Quintas (min.53) por acumulación de exclusións. Ademáis, sancionaron con dous minutos a Brais González (2), Alberto Martín e David Iglesias por parte do Frigoríficos, e a Nico López, Adrián López e Víctor Rodríguez por parte do Atlético Valladolid.

Incidencias: Encontro correspondente á décimo oitava xornada da liga Sacyr Asobal disputado no pavillón Pablo Herbello de Bueu.

ROLDAS DE PRENSA

AS IMAXES DO PARTIDO

MÁIS IMAXES DO PARTIDO EN…

Os nosos patrocinadores

Inicio