Resumo asemblea xeral extraordinaria
Asemblea de Socios levaba a cabo no Salón de plenos do Concello de Cangas, o día 16 de xaneiro de 2021 ás 11:15 horas en 1ª convocatoria e ás 11:30 horas en 2ª convocatoria.
Exposta a orde do día conclúese o seguinte:
1º Exponse por parte da asemblea un apoio unánime a D. Manuel A. Camiña Fernández no que se cre un atropelo contra a súa persoa e, por conseguinte, contra o club. Así mesmo, ante a proposta por parte da directiva de que ata o de agora vicepresidente do club D. Alberto González González realice as funcións de presidente do Balonmán Cangas, a asemblea apróbaa de forma unánime, deixando claro que este cambio na directiva só será efectivo mentres dure o proceso de apelación ante a sanción sobre D. Manuel A. Camiña Fernández ou, no seu defecto, durante o tempo que dure a sanción.
2º Ante a petición de distinguir a D. Manuel A. Camiña Fernández como “Socio honorario” do Club Balonmán Cangas, este punto non se leva á asemblea por petición expresa do ata o de agora presidente por non querer gañar notoriedade en todo este proceso. Déixase claro que a notoriedade de Manuel Camiña seguirá sendo máxima no club, aínda sen cargo oficial, xa que de todos é sabido a importante labor que desenvolve no día a día no Balonmán Cangas de maneira desinteresada.
Os nosos patrocinadores

















