COÑECENDO A… Martín Gayo

Botas de menos o derbi contra o Octavio?

Si, eran partidos moi quentes, e cada equipo se xogaba o orgullo polo seu escudo. É unha magoa que haxa desaparecido.

Como levas o alternar a Primeira Nacional coa Asobal?

Pois ben, hai alguns dias,despois das viaxes do primeiro equipo, que custa levantarse da cama para ir xogar. A maior diferenza e a intensidade e a dureza das defensas.

Cal é a túa máxima aspiración como xogador de balonmán?

A miña maior aspiración e poder xogar unos xogos olimpicos

Cal foi para ti o partido máis duro que xogaches na primeira volta e por qué? Qué esperas da segunda volta?

O partido mas duro que xogei na primera volta foi contra o cisne, foi un golpe duro perder un derbi de esa forma e nos levou tempo asimilalo. Da segunda volta espero que gañemos todos os partidos que temos en febrero, porque é un mes clave.

Cal dos teus compañeiros chámache máis a atención nos adestramentos?

Agora xa non hai ninguen que me chame a atención, o principio da tempada foi Dani Fernandez.

Tes algún xogador favorito na actualidade?

Na actualidade non teño xogador favorito pero si me gusta moito Sagosen, Hansen, Parlmarsson e Cindric.

Onde prefires xogar, de lateral ou de extremo?

Eu teño certa indiferenza por onde xogar, pero me decanto mais polo lateral.

Como xogador novo, aínda che queda moito en que mellorar pero ¿cal crees que é o teu punto débil?

O meu maior punto debil e a denfesa, cando cheguei a xuvenil xa facia o cambio ataque defensa e agora custame moito.

De neno, ¿cal era o xogador que máis che chamaba a atención?

Cando era novo o que mais me chamaba a atencion era Luc Abalo.

¿Tes algún alcume no vestiario?

Non, no teño alcume no vestiario, chamenme polo meu apellido.

Os nosos patrocinadores

Inicio