Seleccionar página

A CRÓNICA

BM. Benidorm 25 – Frigoríficos Morrazo 23

Crónica FARO DE VIGO

O Frigoríficos do Morrazo despediu o ano na liga Sacyr Asobal cunha axustada derrota ante o Benidorm (25-23) que lle impide saír das posicións de descenso. Os cangueses competiron ben durante todo o encontro e chegaron ao ecuador do segundo tempo con vantaxe no electrónico. Os levantinos aproveitaron entón o apagamento ofensivo dos de Nacho Moyano para remontar, aínda que tiveron que sufrir e confiarse ás paradas de Leo Vial para poder sacar adiante o encontro.

A posta en escena do Cangas volveu ser sólida, afianzado na súa zona defensiva e sen cometer excesivas imprecisións en ataque. Iso permitiulle anotarse un parcial de 1-3 para manter o dominio durante o primeiro terzo deste período inicial. Iso si, do esperanzador 2-4 pasouse a un preocupante 8-5 mercé a un parcial de 6-1 no que os visitantes acumularon perdas de balón castigadas polo contragolpe levantino. Moyano víase obrigado a solicitar tempo morto (minuto 14). Reaccionou o conxunto do Morrazo aos poucos, volvendo asentarse. Os mellores momentos de Javi Díaz baixo paus fixeron o resto e as táboas volveron ao electrónico (10-10, minuto 26). O cadro de Latorre deu un novo estirón (12-10) pero os goles de David Iglesias e Santi López permitiron ao Cangas irse ao descanso con empate.

Na continuación o Cangas volveu lucir músculo defensivo e criterio en ataque para despegarse no marcador (14-17, minuto 41). Seu era o control do xogo (17-19, minuto 46) pero entón, de forma incomprensible, apagouse ofensivamente. En seis minutos de seca o Benidorm deu a volta ao marcador, botando man do seu principal recurso onte ante as súas dificultades no ataque posicional (22-19, minuto 52). Non se renderon os cangueses, que axustaron o marcador (22-21, minuto 55) e competiron ata o final. Leo Vial apareceu entón para abortar a reacción e impedir ao cadro do Morrazo sacar algo positivo no último choque do ano.

FICHA TÉCNICA

25 – Balonmano Benidorm: Leo Tercariol (Roberto Rodríguez); Spiljak (2), Oliver, Lignieres (2), Feutchmann (2), Nikcevic (6, 4p) y Da Costa (2); Porras, Méndez (1), Mario López (9, 1p), Grau, Folqués (1).

23 – Cangas Frigoríficos Morrazo : Javi Díaz ( Forns); Quintas, Iglesias (6), Veloso (3), Cerqueira (2), Menduiña (5) y Muratovic; Simes (1), Calado (1), Fernández (1), Soliño (1), Martín, López García (3).

AS IMAXES DO PARTIDO – Edwin Van’t Hek

Os nosos patrocinadores

Inicio