A CRÓNICA
Frigoríficos Morrazo 24 – FC.Barcelona 29
Crónica de David Moldes
O Barça cumpriu o trámite en O Gatañal e derrotou con comodidade ó Frigoríficos do Morrazo (24-39), que aguantou no partido ata mediado o primeiro tempo, cando encaixou un parcial 1-5 en seis minutos que distanciou a os azulgranas.
Empezou mandando o Barça, cunha efectividade do cento por cento nos seus primeiros lanzamentos (1-4, min.3). Pero varias paradas de Gerard Forns, ex porteiro do filial azulgrana, osixenaron ao Frigoríficos, que igualou o choque rapidamente, cun xogo eléctrico e unha excelente defensa (6-6, min.10).
Con todo, varias perdas de balón no ataque posicional danaron ao equipo galego, incapaz de frear o contraataque do seu rival. O adestrador local, Nacho Moyano, pediu tempo morto (8-13, min.18) pero o Barça xa acelerara. A súa velocidade e a maior profundidade do seu banco eran demasiado para o Frigoríficos, a pesar de que Forns mantivo o nivel na portería (13-20, descanso).
Na segunda parte o choque non tivo historia. O Frigoríficos reservou aos seus mellores xogadores para o próximo choque contra o Benidorm, e o Barça repartiu minutos entre os menos habituais. Aínda así, os de Pasqui foron superiores e aumentaron a súa vantaxe, cun Moller xigantesco na portería.
Ficha técnica:
24 Frigoríficos del Morrazo: Gerard Forns, Dani Fernández (4), David Iglesias (1), Quintas, Alberto Martín (4), Baptista (3) y Menduiña -equipo titular- Brais González (1), Santi López (1), Ribeiro (5), Simes (1), Vilanova, Rubén Soliño (1), Manu Pérez (1p) y Martín Gayo (2).
39 Barça: Gonzalo Pérez de Vargas, Janc (5), Dolenec (5,2p), Raúl Entrerrios (3), Frade (4), Lángaro (2) y Ariño (1) -equipo titular- Moller (ps), Aleix Gómez (7, 5p), Sorhaindo (1), N´Guessan (4), Petrus, Mamadou (1), Alex Pascual (5) y Makuc (1).
Marcador cada cinco minutos: 2-4, 4-6, 7-10, 9-14, 11-17, 13-20 (descanso); 14-23, 17-27, 18-29, 19-32, 21-37 y 24-39.
Árbitros: Álvarez Menéndez y Friera Cavada. Excluyeron a Ribeiro por parte del Frigoríficos, y a Petrus, N´Guessan, Frade y Aleix Gomez por parte del Barça.
Incidencias: Partido correspondiente a la decimoséptima jornada de la liga Asobal disputado en el pabellón municipal de O Gatañal.
ROLDAS DE PRENSA
AS IMAXES DO PARTIDO
Os nosos patrocinadores

















