COÑECENDO A… Dani Fernández
Porque te decantaches en vir a Cangas, polo equipo ou houbo outros factores determinantes? @alfredocostasvillar
A oportunidade de poder xogar na liga Asobal foi tamén un factor para ter en conta. O equipo tivo moito que ver. As boas referencias do grupo humano que o forma e a maneira do traballar cos xogadores mozos do club foron decisivas para elixir Cangas.
Que tal levas o abandonar a túa cidade, o Barça e á túa familia para esta nova andaina en Asobal? @juanca19
Sen ningunha dúbida “saír do ovo” nunca é fácil e menos a 1100km de casa. Nun inicio foi duro verme lonxe da familia e amigos. Cando estas só, as emocións multiplícanse, tanto para o bo como para o malo. Aínda así, coa miña familia temos o costume de vernos as caras cada dous/tres días por videochamada e contarnos un pouco como nos vai a todos. Creo que hai días que os vexo máis que cando estabamos vivindo xuntos. Unha vez afaste e habitúas á túa nova rutina, a túa nova xente, a túa nova casa… todo vai rodado.
Agora estou totalmente adaptado e penso que che achega moitísimo ter que espavilarte e valertee por ti mesmo para tirar cara adiante.
Quién es tu jugador favorito? @rafoncor
Desde pequeno son moi fan de Martin Stranovsky. Incluso tiven un agasallo de aniversario cando tiña 6 anos que foi a súa camiseta. Estiven moitas horas enganchado á television vendo as súas travesuras.
Cal é o teu gran soño dentro do balonmán? @jessicavieitez
Ata hai pouco o meu soño era poder xogar en Asobal. Oxalá algún día poida xogar na selección absoluta.
Con que xogador actual quererías compartir vestiario? Con que xogador quixeras haber xogado? @maikel.nunezalvarez
Gustaríame compartir vestiario con algún extremo referente como Divirov ou Uwe para poder aprender ao máximo deles. Quixera haber xogado con Ivano Balic para recibir os seus pases máxicos.
Cal foi o teu mellor momento no FCB? @aitanamartiinezz_
Deportivamente quédome co campionato de españa xuvenil que gañamos en Granollers e o meu debut co Barça B. No persoal, creo que o ano que máis gocei foi o ano de xuvenil de segundo. Foi o último ano da miña etapa base. Non gañamos a final do campionato de españa en Málaga pero agora co tempo valoro máis esa prata que o ouro do ano aterior. O grupo que formamos ese ano foi moi especial e cando xogábamos na pista notábase. Foi un broche de ouro (ou de prata mellor dito) para despedirnos entre compañeiros que levabamos 9 anos xogando xuntos.
Que crees que é o máis importante que che falta por mellorar? @marcandriu
Sen dúbida o aspecto físico sexa onde teña máis marxe de mellora. Uns quilos de masa muscular de máis nunca veñen mal. Ao final xa non só pola forza senón pola miña propia saúde. Tamén creo que me falta moita experiencia e madurez á hora de xogar que che acaban dando os anos e os partidos na elite.
Cal foi a túa reacción cando te chamou o FCB? @lucasjmz_
Recordo que estaba moi feliz pero á vez moi nervioso. Eran moitos cambios para min. Predominou a euforia.
Qué pensache cando te dixeron que ías coa selección española? @beasanlei
Esta chamada si que foi inesperada. Estaba de vacacións coa miña avoa e os meus curmáns en pleno agosto. Recordo que me chamou o meu pai para contarme que un compañeiro lesionouse no mundial e que tiña que ir para suplir a súa baixa. Non mo esperaba para nada. Gritei un pouco jajajajaja. Ao día seguinte estaba a coller un avión cara a Skopje.
Pensas quedarte outra tempada no Cangas? @pablogaandara
Oxalá que si. Aquí estou moi a gusto. Encantaríame poderme quedar un ano máis en Cangas e ver O Gatañal cheo ata a bandeira.
Os nosos patrocinadores

















