Seleccionar página

COÑECENDO A…

Queremos que coñezas mellor aos integrantes do primeiro equipo, e para iso imos entrevistar a cada un dos mesmos.
Gustaríanos que colaborásedes connosco e para iso ides facer de reporteiros… como? Pois nos enviardes as preguntas que vos gustaría facer a cada un deles.

As preguntas debedes realizalas por mensaxe directa no noso Instagram ou Twitter. Como sabemos que serán moitas as cuestións que quereredes saber, unha vez recollidas estas preguntas, seleccionaremos 10 delas que serán publicadas na nosa web.

Cremos que para empezar con esta rolda de entrevistas, ninguén mellor que co noso capitán Dani Cerqueira. Xa son 9 as tempadas que Dani leva connosco. É parte do escudo xa.

A partir de agora, e ata as 12 da noite do martes, xa podedes deixarnos todas as preguntas que queirades facerlle a Dani.

Envía as túas preguntas e participa!

Twitter -> https://twitter.com/balonmancangas

Instagram -> https://www.instagram.com/balonmancangas/

 

Os nosos patrocinadores

Inicio