O Balonmán Cangas coa hostelería

O Balonmán Cangas Frigoríficos do Morrazo quere mostrar todo o seu apoio e ánimo á hostalería que tan mal está a pasalo nestes momentos pola situación que estamos a vivir pola COVID-19.

Sabemos da importancia deste sector e tamén que, hoxe máis que nunca, necesitan do apoio de todos.

En especial queremos enviar un cariñoso abrazo e toda a forza a Pizzería Baratto, Tapería Dos Chata e Cafetería Enziani para que estes tempos complicados pasen canto antes e podamos visitarvos para gozar do voso impecable servizo.

Contamos as horas para volver vervos!

Ánimo!

Os nosos patrocinadores

Inicio