A CRÓNICA

Frigoríficos Morrazo 22 – Bada Huesca 33

Crónica de David Moldes

O Frigoríficos do Morrazo sumou unha nova derrota ante Bada Huesca (22-33) e segue sen coñecer a vitoria. O partido apenas tivo historia porque a superioridade dos oscenses foi enorme desde o inicio, cun parcial 2-7 de saída que lle deu moita tranquilidade.

Outro mal inicio condenou ao equipo de Moyano, de novo moi fráxil a nivel defensivo e excesivamente acelerado e sen demasiadas ideas no ataque posicional. E iso que os porteiros -Javi Díaz ata que foi substituído excedido o ecuador do primeiro tempo e despois Gerard- evitaron que a renda do Huesca fose maior ao descanso.

Nada cambiou no segundo tempo. O técnico visitante deu descanso aos seus habituais titulares, pero a fraxilidade defensiva do equipo galego fixo que cada ataque seu acabase en gol, mesmo cando xogou en inferioridade.

O Frigoríficos xa é o único equipo da categoría que non coñece a vitoria tras o triunfo do Villa de Aranda ante o Atlético Valladolid. O próximo partido é contra o Logroño.

Ficha técnica:

22 Frigoríficos del Morrazo: Javi Díaz, Menduiña (3), Baptista, Quintas (1), Cerqueira, Santi López (1) y Brais González (3) -equipo titular- Gerard Forns, Dani Fernández (1), Rubén Soliño (1), Simes (2,1p), David Iglesias (2), Muratovic (1), Ribeiro (5), Vilanova (1) y Alberto Martín (1).

33 Bada Huesca: Espinha, Carmona (8), Marcelo (8), Tioumentsev (3), Montoya (3), Asier Nieto (3) y Adriá Pérez (3) equipo titular- Arguillas (ps), Rodrigo, Gucek, Sergio Pérez (4), Oier García (1) y Malo.

Marcador cada cinco minutos: 1-3, 4-8, 4-11, 5-12, 8-14, 10-17 (descanso); 12-19, 14-22, 16-25, 18-28, 20-30 y 22-33.

Árbitros: Álvarez Menéndez e Fritise Cavada. Excluíron a Cerqueira (2) e Alberto Martín por parte do Frigoríficos do Morrazo, e a Rodrigo e Gucek por parte do Huesca.

Incidencias: Encontro correspondente á décimo terceira xornada da liga Asobal disputado no pavillón de Ou Gatañal #ante 50 espectadores, o máximo permitido polas autoridades sanitarias por mor da crise sanitaria.

ROLDAS DE PRENSA

AS IMAXES DO PARTIDO

MÁIS IMAXES DO PARTIDO EN…

Os nosos patrocinadores

Inicio