A CRÓNICA

Helvetia Anaitasuna 38 – Frigoríficos Morrazo 24

REDACCIÓN MARCA

O Helvetia Anaitasuna venceu con comodidade a Frigoríficos do Morrazo Cangas por 38-24 para sumar a terceira vitoria consecutiva da tempada na liga Sacyr Asobal. A inercia gañadora que atravesa o Anaitasuna viuse reflectida no arrasador comezo dos de Quique Domínguez, que puxeron o 6-1 no electrónico aos 6 minutos de comezaron o encontro. Os galegos víronse sorprendidos, pero non se renderon e continuaron loitando pola súa primeira vitoria.
Ander Torriko callou unha gran primeira metade grazas aos cinco goles anotados e ao veloz ritmo que impuxo nas accións de contrataque. Cangas tentou achegarse no marcador e a punto estivo de facelo, xa que os de Nacho Moyano puxéronse a tan só un gol. De novo, Helvetia volveu escaparse grazas a un arreón que supuxo o 19-13 ao descanso.
Os locais non soltaron o acelerador na segunda metade e comezaron fortes con Aitor García e Bazán dominando a zona interior para abrir máis brecha no marcador.Os rápidos ataques foron os protagonistas nos 30 minutos finais que chegaron á súa conclusión cun avultado 38-34 fronte ao que pouco puido facer un Cangas que se viu claramente superado polos navarros.

FICHA TÉCNICA

38 – Helvetia Anaitasuna : Bols (Cancio); Gastón (4), Bazán (4), Edu (2), Torriko (7), Del Arco (1), Ganuza; Etxeberria (2), Meoki, Héctor González (2), Aitor García (5), Chocarro (5), Fischer (4), Dashko (2).

24 – Frigoríficos del Morrazo Cangas: Forns (Javier Díaz); Brais (4), Dani Fernández (3), Iglesias, Vilanova, Martín (1), Santi López (2); Simes, Baptista (3), Soly (1), Gayo, Ribeiro (1), Cerqueira (3), Menduiña (6), Muratovic.

Parciais cada cinco minutos: 5-1, 7-5, 9-7, 12-9, 14-10, 19-13 (descanso), 24-14, 28-14, 31-15, 33-17, 36-20, 38-24.

Árbitros: Luque Cabrejas e Florenza Virgili. Excluíron a Edu, Meoki, Torriko, Héctor, Bazán (dúas veces) polo Anaitasuna e a Baptista e Martín polo Cangas.Incidencias: partido correspondente á duodécima xornada da liga Sacyr Asobal. Pavillón Anaitasuna a porta pechada.

Os nosos patrocinadores

Inicio