Dende a UFEDEGA, invítannos a participar nunha campaña nas redes sociais a prol do deporte galego. 

Somos conscientes de que a situación que estamos a vivir é moi complicada para o balonmán e para todos os deportes.  Polo que queremos e consideramos que formar parte desta campaña vainos a axudar a que as disciplinas deportivas poidamos voltar a actividade dentro da nova normalidade. 

Sabemos que moitos clubs e deportistas estades tendo problemas para realizar deporte e para utilizar as instalacións deportivas, polo que é importante que todos loitemos unidos para que as institucións non se esquezan de nos.

¿En que consiste a campaña?

Os clubs e demais estamentos tendes que facer que as imaxes que vos pasamos cheguen a todos os vosos xogadores/as, adestradores/as, familias, directivos/as, socios/as, árbitros/as e demais persoas vencelladas ao noso deporte.  

A continuación, achegamos as seguintes imaxes da campaña #ForteCoDeporte en RRSS (twitter e Facebook) e indicamos como proceder:

·       Imaxe personalizada para cada federación (adxuntamos as nosas), subídeas seguidas dos seguintes Hashtag e engadindo e quitando o que vos creades convintes:


#ForteCoDeporte #ForteCoDeporteSeguro #ForteCoDeporteFederado #ForteCosDeportistas #ForteCoDeporteEcoaSaúde #ForteCoaAperturaDeInstalacionsDeportivas #ForteCoCumprimentoDosProtocolos #ForteCoDeporteEcoaMascara #ForteCoasAxudasODeporte

·       Fondo de portada para subir a Facebook e Twitter

·       Subir a Whatsapp e Telegram a imaxe que está en formato jpg

¿Cando empeza a campaña?

A campaña #ForteCoDeporte comezou o VENRES 9 DE OUTUBRO ás 12:00h do medio día, e agradeceríamos que conservásedes os fondos durante todo o fin de semana.

Últimos partidos

octubre 2020
L M X J V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Inicio