COMUNICADO OFICIAL
O Frigoríficos do Morrazo comunica que dous xogadores do seu primeiro persoal deron positivo tras as probas PCR ás que se someteron nas últimas horas, polo que a cifra total ascende a tres no equipo que compite na liga Sacyr Asobal.
O primeiro xogador afectado empezou a ter síntomas compatibles coa afección da Covid-19 a finais da pasada semana, polo que se puxo en contacto co Servizo Galego de Saúde (Sergas), que o citou o domingo pola tarde para someterse á PCR no Hospital Provincial de Pontevedra.
Inmediatamente, o médico do club aconsellou ao xogador permanecer illado no seu domicilio ata coñecer o resultado das proba, motivo polo cal non puido ser citado polo técnico Nacho Moyano para disputar o partido do sábado contra o Fraikin Granollers, correspondente á oitava xornada do campionato ligueiro.
O luns, desde a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia informaron o xogador telefonicamente que dera “positivo” no resultado, polo que de maneira inmediata o resto dos xogadores e o corpo técnico foron illados nos seus domicilios, cumprindo o protocolo das autoridades sanitarias.
O Frigoríficos do Morrazo continuará cumprindo a machada o protocolo sanitario do Sergas, así como todas as indicacións das autoridades deportivas pertinentes, ás que xa comunicamos esta situación.
Como consecuencia, o club solicitou ao Comité Nacional de Competición da Real Federación Española de Balonmán ( RFEBM) a suspensión do partido contra o Abanca Ademar León, correspondente á xornada 9 da liga Asobal.