COMUNICADO OFICIAL
Lamentamos informar que, un dos nosos xogadores deu positivo por Covid-19 despois realizar unha PCR. Debido a isto, o club púxose en contacto dende primeira hora coas autoridades Sanitarias que, de entrada, indican que o equipo dende hoxe permaneza confinado durante dez días á espera de novas indicacións. Os xogadores e corpo técnico xa cumpren dende esta mañá dita cuarentena. Agardamos que nas próximas horas nos marquen as novas actuacións.
Con respecto ás familias dos nosos equipos da base do club, dicir que, por precaución, informouse tamén esta mañá ó Ilmo. Concello de Cangas, que seguindo o protocolo establecido por lei, pechará a instalación durante 48 horas, despois das cales, enviará o persoal pertinente para proceder á completa desinfección da instalación. Obramos sempre co obxectivo de reunir novamente as óptimas condicións para o seu uso normal por parte das nosas categorías base, sempre, e como ata agora, dentro das indicacións e recomendacións das Autoridades Sanitarias.