En primeiro lugar queremos agradecer ao FC Porto, especialmente ao “professor” Magalhaes, ás facilidades para que esta cesión se puidese levar a cabo. Estamos moi satisfeitos de que esta relación Cangas-Porto siga fortalecéndose despois da tamén frutífera incorporación de Ruben Ribeiro no pasado Nadal.
A pesar da súa xuventude (25 anos) Miguel xa ten unha ampla traxectoria no balonmán profesional xogando en equipos como o Chartres da Proligue francesa e na liga portuguesa; no Avanca primeiro e nas filas do ABC Braga despois, co que anotou 105 goles antes de recalar no conxunto segoviano.
É un xogador sólido e moi completo en todas as facetas do xogo, destaca especialmente a súa capacidade defensiva, e que a pesar da súa estatura (196cm) ademais de lanzamento exterior tamén é capaz de facer xogar os demais compañeiros.
Coa incorporación de Miguel Baptista reforzamos o lateral dereito que compartirá con Martín Gayo e pechamos o equipo que loitará un ano máis pola permanencia na Liga Sacyr Asobal.
“Bemvido” Miguel, desexamos que te sintas en Cangas como na túa casa e que nos fagas gozar do teu xogo en O Gatañal.