Santiago López García (Madrid, 1996) terceira fichaxe do Frigoríficos Morrazo para a Liga Sacyr Asobal 2020-21. Chega procedente do BM. Alcobendas e asina polas próximas dúas tempadas.
Santi formouse no Bm. Alcobendas ao que chegou en categoría cadete e co que disputou unha Fase de Ascenso e un ascenso á Liga Asobal. Este ano xogou co conxunto madrileño a División de Honra Prata na que anotou 43 goles en 15 partidos disputados.
Noso adestrador Nacho Moyano describe a Santi como “un xogador moi completo que quizais non destaque especialmente en ningunha das facetas do xogo pero que si é un notable en todas elas. A nós de seguro vainos aportar solidez no traballo defensivo e sumará en todas as demais tarefas”.
Este xoven primeira liña foi internacional nas categorías inferiores da selección española coa que se proclamou Campión do Mundo Junior no Mundial de Alxeria, campionato no que compartiu equipo con xogadores xa consagrados na elite do balonmán como Aleix Gómez, Chema Márquez, Dani Dujshebaev e o galego Xoán Ledo.
Un novo talento que chega ao Gatañal para aportar ilusión, ambición e traballo neste novo proxecto na Liga Sacyr Asobal. Que ansias temos de que comece xa a nova tempada e gozar do teu xogo!
Benvido Santi, Cangas é xa túa casa.