Moisés, renovado!

Moisés Simes (Bueu, 1988) renova seu compromiso co club por unha campaña máis e elevará a 11 as tempadas defendendo a camiseta do Frigoríficos, será ademais a novena consecutiva na Liga Sacyr Asobal.

Un seguro dende a esquina e dende a liña de 7m, ata o parón estaba sendo un dos máximos goleadores do equipo con 48 dianas. Dende o club estamos moi felices de que Moi siga con nós e aporte a súa experiencia ao extremo esquerdo no que estará acompañado polo xoven Dani Fernández.

Moi mostra tamén a súa ledicia por seguir ao noso carón “Estou o lado da casa, podo combinalo co meu traballo e fago algo que me gusta; non podo pedir máis. Eu estou contento e non tiven moito que falar co club”. De cara a próxima tempada o primeiro que apunta e que “hai que ver como quedará a competición xa que, no caso de que haxa dous grupos, pode quedar condicionada polos rivais que che poidan tocar. Para min o máis xusto é manter a liga como hasta agora.” A pesar de esta situación apunta a que este ano o equipo vai seguir crecendo “esta tempada tiñamos moita xente nova, adestrado novo… agora a filosofía de Nacho vai a estar máis implantada”.

Xa estamos contando os días para volver a celebrar un gol de Moi no Gatañal!

Últimos partidos

junio 2020
L M X J V S D
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930  
Inicio