Alberto Martín, 2ª fichaxe!

Alberto Martín (Madrid, 2001) convértese na segunda incorporación do Frigoríficos do Morrazo para a tempada 2020/2021. Procedente do Bm. Alcobendas, asina por dúas tempadas na que será a súa primeira experiencia na Liga Sacyr Asobal.

Alberto é un xove pivote cun gran físico (196cm) que destaca especialmente en tarefas defensivas, onde se desenvolve na posición de central. Na faceta ofensiva axudará a Cerqueira e Quintas na pelexa polos espazos na liña dos 6 metros.

Formado nas categorías inferiores do Ikasa Bm. Madrid onde destacou nas competicións de base (3º de España xuvenil), incorporouno o Bm. Alcobendas para o seu primeiro equipo co que disputou este pasado ano a División de Honra Prata, sendo unha das pezas importantes do conxunto madrileño na parcela defensiva.

Foi internacional coa selección española xuvenil coa que disputou un Campeonato de Europa e, a tempada pasada, o Mundial de Macedonia. Actualmente é un dos habituais nas convocatorias da selección junior dirixida por Rodrigo Reñones.

Unha nova promesa do balonmán nacional, cun gran futuro por diante, que chega para axudarnos nunha nova tempada na máxima categoría do balonmán nacional que se aveciña, como sempre, moi disputada.

Benvido Alberto a esta túa nova casa.

Últimos partidos

mayo 2020
L M X J V S D
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
Inicio