Mendu ata 2021!

O canteirán Adrián Menduíña (Cangas, 1990) aceptou a oferta de renovación e seguirá unha campaña máis con nós, a 4ª tempada consecutiva representando ao Frigoríficos do Morrazo na Liga Sacyr Asobal.

Non é zurdo pero xoga na dereita como se o fose. Esta pasada campaña foi un dos líderes do equipo en tarefas anotadoras (2º máximo goleador) con 57 dianas, un pistoleiro dende o extremo e dende os 7 metros.
Dende o club estamos moi contentos de contar con Mendu un ano máis e el mostrase moi feliz por seguir con nós, “como cada ano a renovación foi moi sinxela, miña intención sempre foi seguir e en canto o club me fixo a oferta de renovación foi coser e cantar”.

Respecto ao equipo da próxima tempada valora moi positivamente que “o club estase movendo moi ben para reforzar ese postos que quedaban baleiros pola marcha dalgúns xogadores, asinando a xogadores novos e de moita calidade, como Dani Fernández, e asegurando a continuidade de pezas tan importantes para nós como Javi Díaz”.

A estas alturas próxima tempada e unha incógnita, o que si é seguro e que ‘Mendugol’ continuará ampliando súas cifras goleadoras en Asobal dende a banda dereita de O Gatañal.

Últimos partidos

mayo 2020
L M X J V S D
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
Inicio