JAVI DÍAZ UN ANO MÁIS!

Que ledicia produce poder dicir que don Javier Díaz (O Rosal, 1975) seguirá unha tempada máis con nós protexendo as porterías de O Gatañal.

Javi debutou na Liga Asobal alá polo ano 1993, agora, 27 anos e máis de 500 partidos despois, sumará a súa 21ª tempada na máxima categoría do balonmán nacional, a terceira vestindo a camiseta do Frigoríficos e sendo un dos referentes dentro e fóra do parqué.

Recoñece que xa tiña decidido colgar as zapatillas esta tempada pero “coa finalización da tempada sen xogar polo virus non era a mellor forma de retirarse” ademais di sentirse “ben fisicamente e con ilusión por afrontar unha nova campaña”.

Para a tempada que está por vir é consciente de que “o equipo será moi novo pero a actual situación é unha incerteza para todos. Os clubs van sufrir as consecuencias de toda esta situación e seguramente o grupo por non baixar sexa máis amplo que anos anteriores. A ver cando e en que situación se pode comezar, está claro que para nós, xogar nun Gatañal baleiro sería prexudicial. Ogallá todo poida volver á normalidade o antes posible”.

Un luxo gozar das paradas de Javi Díaz unha tempada máis!

Últimos partidos

mayo 2020
L M X J V S D
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
Inicio