FICHAXE!

Daniel Fernández (Barcelona, 2001) convértese na primeira incorporación do Frigoríficos Morrazo para Liga Sacyr Asobal 2020/21.

Dani é un extremo esquerdo que chega procedente do filial do F.C Barcelona, club no que creceu dende as categorías inferiores. Esta tempada disputou a División de Honra Prata onde anotou 73 goles en 20 partidos disputados. É un xogador que se caracteriza pola calidade na finalización de cara a portería e pola súa capacidade para saír con velocidade ao contragolpe.

Internacional en categorías inferiores coa selección española formou parte das últimas convocatorias da selección junior ata o parón das competicións polo Cvid-19. Actualmente é un dos xogadores máis prometedores a nivel nacional na súa posición e teremos o pracer de poder miralo coa nosa camiseta as dúas próximas tempadas.

Benvido Dani ao Balonmán Cangas, xa es un máis de esta nosa gran familia, estamos xa contando os días para poder gozar do teu xogo pola banda esquerda de O Gatañal.

Últimos partidos

mayo 2020
L M X J V S D
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
Inicio