| FRIGORÍFICOS DO MORRAZO - BALONMÁN CANGAS |

Evento Facebook: Cangas - Benidorm

O Cangas, necesitado de gañar este encontro, precisa do apoio da afeción.

O Frigoríficos do Morrazo, Bm Cangas enfróntase esta semana nun partido crucial ao Bm. Benidorm.

Mentres unha derrota pode supoñer quedarse no último posto e dificultar ainda máis esta primeira volta, unha vitoria podería ser un punto de partida para vira-lo timón cara os postos de permanencia. Enfronte terá a un rival duro, ao que a sorte tampouco lle acompañou, e que necesita tamén dos dous puntos que están en xogo.

Este Sábado 29, O Gatañal debe demostrar, dende o minuto un, a sua fama de pista difícil que, sen dúbidas, fixo posible moitos dos éxitos de este clube. Para elo debe de haber un gran ambiente, no que os cánticos e ánimos acompañen ao equipo na vitoria en todo momento.

Entre as iniciativas dos afecionados, xa hai algunha como a deste evento de Facebook, que anima a afecionados a unirse na parte baixa da coñecida grada da "Marea Azul" dende as 18:15 para animar aos xogadores xa dende o quecemento:

 

Afeción Cangas

Pulsa na imaxe para ver o evento

<<O equipo precisa do noso apoio, non podemos permitir que loiten sós. Todos debemos estar no Gatañal ó sábado 29 ás 17:45 para animar os rapaces dende o calentamento. Dende sempre somos unha familia e debemos seguir demostrándoo. Animar é unha obriga! #ForzaCangas #MareaAzul #OFervedeiro
COMPARTIDE!!>>

 

Dende a web do Bm Cangas, animamos a xente que se una a estas iniciativas así como calqueira outra que de lugar a melloralo ambiente no pavillón, máis en partidos fundamentales como o desta semana.

 
 
Visitas únicas: 225
(estad. habilitadas 25/01/2017)


Frigoríficos Morrazo 28 - 27 Liberbank Ciudad Encantada

Victoria dedicada a ADICAM
Imagen noticia

Ver noticia »

 

Fraikin BM. Granollers 36 - 26 Frigoríficos Morrazo

Un mal comienzo lastra todo el partido.
Imagen noticia

Ver noticia »

 

Recoletas Atlético Valladolid 23 - 22 Frigoríficos Morrazo Cangas

El Frigoríficos se queda sin premio en Valladolid.
Imagen noticia

Ver noticia »

 

Ver todas las noticias