| FRIGORÍFICOS DO MORRAZO - BALONMÁN CANGAS |

Presentación de Javi Díaz como novo xogador do Club Balonmán Cangas

O veterano gardameta chega ao equipo para xogar unha temporada

"Vamos a tomar una cerveza". Con esta frase rematou a presentación de Javi Díaz como novo gardametas do noso clube. Un dos míticos galegos anclados á liga Asobal xa se sinte como en casa en Cangas e, dende logo, así queremos que se sinta. Con referencias á nosa afición, da que asegura que quere "disfrutar" como local despois de facelo en moitas ocasións como visitante.

Javi chega para "aportar experiencia" e moitas outras cousas, como ganas e unha inmensa calidade da que todos somos testemuñas. Despois de lamentar as súas incontables paradas, agora as berraremos e celebraremos.

"Una llamada de Magí y otra de Camiña" foron suficientes para que "en la recta final de mi carrera, que no sabía si iba a seguir o no" Javi chegara a un pobo no que todos aplaudimos e nos alegramos de contar con él. Un gardameta mítico, do que calquera clube se sentiría orgulloso de contar con él. Ademáis dos seus anos no máximo nivel, contamos co compromiso dun seguro baixo paus, que vén de facer unha tempada espectacular en Valladolid.

Ten claro que haberá que loitar, que haberá que deixar a pel na pista. Iso é o que queremos e necesitamos, que ninguén baixe os brazos ata o último momento, que é o que nos deu todo o que logramos nestes anos. En Cangas ninguén se rende, e Javi é un exemplo de que, a forza, o empuxe e as ganas de loitar son a única posibilidade de seguir no lugar no que estamos e que, sen dúbida, nos corresponde.

Grandes cousas nos esperan este ano e con Javi imos directos a conseguilas. Benvido, esta é a túa casa, hoxe e sempre!!!

 
Visitas únicas: 327
(estad. habilitadas 25/01/2017)

Imagen secundaria

Frigoríficos Morrazo 21 - 22 Ángel Ximénez Avia Puente Genil

A pensar en la segunda vuelta fuera de los puestos de descenso.
Imagen noticia

Ver noticia »

 

Condes de Albarei Teucro 28 - 34 Frigoríficos Morrazo

Gran exhibición de todo el equipo.
Imagen noticia

Ver noticia »

 

Frigoríficos Morrazo 26 - 26 Fraikin BM. Granollers

Punto de oro.
Imagen noticia

Ver noticia »

 

Ver todas las noticias