| FRIGORÍFICOS DO MORRAZO - BALONMÁN CANGAS |

Igualdade no choque fronte o Helvetia Anaitasuna

Unha pérdida nos últimos segundos custoulle un punto ao Club Balonmán Cangas

Catro meses despois, o Frigoríficos do Morrazo dormirá fóra do descenso. Empatou fronte o Anaitasuna, pero puido gañar porque a falta de 40 segundos mandaba 25-24 e tiña a posesión. Magí Serra pediu pempo morto, pero os seus xogadores enredáronse e perderon o balón. Os visitantes buscaron a Ander Ugarte e o pivote forzou un penalti que Chocarro non fallou.

O Anaitasuna se atopou co mellor Frigoríficos da tempada. O equipo galego nada ten que ver co que arrancou a segunda volta en febreiro. O seu rendemento defensivo roza a perfección e Diego Moyano parece vivir unha segunda xuventude. Aos navarros lles custou un mundo marcar en posicional. Sobreviviron grazas ao seu contraataque e as individuales.

Cun 4-1 de saída, o Frigoríficos amosou que ía en serio. Comezou atacando con moita claridade, pero pronto se atascou e varias pérdidas o castigaron cun parcial de 1-5 en seis minutos que deu o mando do choque ao Anaitasuna, que dominó (7-9, 8-11) ata que nos últimos minutos do primeiro acto, o seu rival volveu enchufarse en defensa e, coincidindo cunha rotación masiva na primeira liña, atacou con máis intelixencia, buscando finalizar con lanzamentos en penetración

Non variou o guión tras o paso polos vestiarios. O Anaitasuna sufría para marcar en posicional; o Frigoríficos vivía da súa defensa e das paradas dun espectacular Diego Moyano, outra vez decisivo.

Os locales pegaron un estirón (20-17, min. 36) pero, tras un tempo morto de Juanto Apezetxea, a súa vantaxe se esfumou en apenas catro minutos, outra vez penalizado polos erros no xogo posicional. Magí Serra, técnico do Frigoríficos, pediu tempo morto.

E dúas exclusións seguidas a Chocarro e Oswaldo Dos Santos osixenaron ao equipo cangués, que puido recuperar a renta de tres goles, pero en lanzamento de Moisés Simes dende seis metros dou no longueiro (24-22, min. 51).

Faltaba un minuto e doce segundos. O seu equipo perdeu o balón e Magí parou o choqeu, ante o nerviosismo dos seus xogadores. O Frigoríficos seguía mandando pola mínima. Faltaban 22 segundos. Pero unha perda de balon infantil deu o último ataque ao Anaitasuna, que solucionou buscando no pivote a Ugarte, que forzou un penalti que Chocarro non fallou.

Ficha técnica:

25 Frigoríficos del Morrazo: Moyano, Simes (5,2p), Muratovic (4), Chapela (6), Potic (2), Cerqueira (1) y Suso Soliño (3,1p)-equipo titular- Hermones (ps), Vujovic (2), , Cancio, Gavidia, Menduiña , Rubén Soliño (1) y David Iglesias (1).

25 Helvetia Anaitasuna: Nordlander, Gastón (3), Oswaldo Dos Santos (2), Bazan (3), Cristian Martínez, Filipe Mota (1) y Chocarro (4,1p) -equipo titular- Sergey (ps), Nantes (6,3p), Ugarte (2), Etxeberría (2), Goñi (1), Aguirrezabalaga (1) y Ceretta.

Marcador cada cinco minutos: 3-1, 5-5, 7-9, 9-11, 12-13, 15-14 (descanso); 19-17, 20-20, 21-20, 23-21, 24-23 y 25-25.

Árbitro: Martín Franco (colegio cántabro) y Fernández Fernández (colegio asturiano). Excluyeron a por parte del Frigoríficos del Morrazo, y a Chocarro, Martínez y Oswaldo Dos Santos por parte del Anaitasuna.

Incidencias: Partido correspondiente a la vigésimo sexta jornada de la Liga Asobal disputado en el pabellón de O Gatañal ante unos 1.400 espectadores.

 
Visitas únicas: 106
(estad. habilitadas 25/01/2017)


Javi Díaz, primeira fichaxe do Balonmán Cangas

O gardameta chega ao equipo para suplir a baixa de Diego Moyano
Imagen noticia

Ver noticia »

 

Magí Serra será o técnico do equipo unha tempada máis

Despois dos resultados acadados, o entrenador renovou o seu contrato
Imagen noticia

Ver noticia »

 

Dani Cerqueira renova o seu contrato

O noso capitán estará no Balonmán Cangas un ano máis
Imagen noticia

Ver noticia »

 

Ver todas las noticias