| FRIGORÍFICOS DO MORRAZO - BALONMÁN CANGAS |

Franco Gavidia, novo xogador do Club Balonmán Cangas

Procede do Villa de Aranda e chega para fortalecer a faceta defensiva do equipo

Cuns claros obxectivos na mente, o Club Balonmán Cangas decidiu buscar un acordo con Franco Gavidia. Esta negociación chegou esta semana a bo porto e xa podemos de falar do lateral arxentino como un novo xogador do noso clube.
Trátase dun especialista na defensa, o cal supón un gran apoio para o noso equipo, sendo, segundo palabras de Magí Serra, "muy intenso de piernas, con una actitud guerrillera, luchadora, y que también puede ofrecernos minutos en ataque, aunque no es su rol principal". É o momento de poñer todo da nosa parte e esperamos que Franco Gavidia sexa una das pezas que necesitábamos para acadar a nosa meta.
O lugar que ocupaba este xogador no Villa de Aranda, o seu anterior clube, o ocupará Strahinja Simic, ao que lle agradecemos o seu esforzo e dedicación durante os meses que estivo no noso clube.
Dámosche unha grandísima benvida a nosa familia, Gavidia, imos a por todas, boa sorte!

 
Visitas únicas: 267
(estad. habilitadas 25/01/2017)


Javi Díaz, primeira fichaxe do Balonmán Cangas

O gardameta chega ao equipo para suplir a baixa de Diego Moyano
Imagen noticia

Ver noticia »

 

Magí Serra será o técnico do equipo unha tempada máis

Despois dos resultados acadados, o entrenador renovou o seu contrato
Imagen noticia

Ver noticia »

 

Dani Cerqueira renova o seu contrato

O noso capitán estará no Balonmán Cangas un ano máis
Imagen noticia

Ver noticia »

 

Ver todas las noticias